sexta-feira, abril 11, 2008
O xefe en Padrón coas Redes Escarlata
As Redes Escarlata van conmemorar mañán en Padrón os cincuenta anos do acto de coroamento como Príncipe dos Poetas Galegos, aínda que ese título case só se soñaba, de Ramón Cabanillas. Eu estaba alí, como estivera no mesmo Espolón o ano anterior, cando lle inauguraron os irienses e os galegos todos o monumento a Rosalía de Castro. Foron tan semellantes os actos das Pascuas de Padrón de 1957 e de 1958 que irremediabelmente se me confonden na memoria. Ambos tiveran como motor político e humano Camilo Agrasar Vidal e como portavoz público o xornal La Noche. Ambas cerimonias honraban unha figura poética nacional, Rosalía e Cabanillas. Tanto en 1957 como en 1958 ondeaban en todo Padrón as bandeiras galegas e a banda de música interpretou o Himno. En cada unha das ocasións o orador principal foi Ramón Otero Pedrayo en función consciente de lider nacionalista, con linguaxe de lider nacionalista, revestido da autoridade que lle daba a súa condición de represaliado do franquismo, de ex deputado da República, de antigo membro do Consello Nacional do PG, de individuo que non se deixou asoballar polos vencedores, de leal sucesor na dirección moral da Patria dun Castelao que morrera só sete ou oito anos antes. Ese foi o Otero que falou nas dúas Pascuas, en honor de Rosalía e en honor de Cabanillas: nos dous casos dirixíndose a unha masa de labregos, mariñeiros, traballadores, intelectuais, nenos, mozos e vellos, que o escoitabamos nun silencio que aínda hoxe me apreme a gorxa. Nós interrompiamos con enxurradas de aplausos aquel discurso no que se facía resucitar a Galia histórica, si pro no cal se sinalaba con precisión dialéctica "a Galicia dos que sofren, a Galicia dos que esperan". Podo eu decer que os actos de 1957 e 1958 en Padrón foron un mesmo acto separado por un descanso para botar un pito e facer abaixar o grau de emoción acumuladea nos peitos dos concorrentes. O acto en dous tempos de Padrón constitúe o acontecemento político máis importante do nacionalismo e do antifranquismo anterior ao homenaxe-mitin a C.E. Ferreiro que habería de se celebrar en Ourense, na década seguinte. Tamén Otero Pedrayo participou de forma protagonista no banquete de Celso Emilio porque no Espolón de Padrón e no Roma de Ourense o Mestre quixo significar que el non era parte dun cenáculo senón conciencia dunha Nación.Na homenaxe a Cabanillas que mañá as Redes Escarlata e os poetas de Iria e o Salnés van conmemorar e reproducir, eu relembro de forma moi especial o recitado de Aquilino, voz baruda e matizada que nos puxo, coa de Otero, o corazón en pé. Os novos poetas das terras e países mansos ou das mariñas mansas serán mañán continuación do poeta Iglesia Albariño que combinaba a severidade brava das terras altas e chas, sen mar pro con xugadas de bois, co mel escuro de Horacio. Cincuenta anos máis tarde haberá no Espolón de Padrón diálogo de xeracións e cerimonia de pertenza á estirpe dos que sofren e esperan e das que foron de Santiago a Padrón cun chover que era arroiar e mesmamente descalciñas de pé e perna. Eu sigo a remoer as lembranzas e agora represéntaseme Faustino Rei Romero coa sotana desabotoada: el non paraba de fumar e de beber copiñas de caña comigo no Padrón de 1957, de 1958.
segunda-feira, abril 07, 2008
O xefe e os premios nacionais da cultura
Este cronista celebra que a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia crease, finalmente, uns Premios Nacionais destinados ao recoñecemento das actividades artísticas, literarias, científicas. Pro tales premios, tal e como foron anunciados, non son enteiramente aceptabeis desde o meu humilde ponto de vista. Prométolles seguir a falar do tema por se a Consellería corrixe no futuro a súa concepción dos premios. Pro antes voulles contar unha vella historia que coido que aparece tamén n´ Os anos escuros de Franco Grande, libro que agora non teño á man.
No curso 1956-57 o SEU da Universidade Compostelá convocou as Festas Minervais, un certamen de grande importancia histórico-literaria. Nas bases convocábanse premios de poesía, narración e ensaio en dúas modalidades: en galego e en castelán. Todo un triunfo, desde a óptica do cenáculo galeguista e antifranquista no que eu me movía daquela. Pro había un detalle que considerabamos ofensivo e inadmisíbel. E iso era o feito de que os premios en castelán estaban retribuídos dunha suma superior os premios en galego. A ideoloxía da superioridade do castelán sobre o galego convertíase en evidencia ao se traducir a diñeiro. Como tal, se un primeiro premio de poesía en castelán dotado con 2.500 pesetas, o mesmo primeiro premio en modalidade galega recibiría 1.500 pesetas ou cousas así.
O círculo ao que eu pertencía e que tiña no Café Español a súa sede permanente decidiu negarse a participar nas Festas Minervais e pedirlle ás personalidades da literatura que habitualmente se desempeñaban como xurados en tales concursos que tamén se negasen. Ángel Blanco Losada, fino sonetista en castelán e poeta maximamente premiado por aquela época, e máis eu falamos con Aquilino Iglesias Alvariño e con Fermín Bouza Brey, os que sumaron ao proxecto de boicot. Outros compañeiros falaron con outros posibeis xurados e houbo quen mediou con SEU convocante, a esta persoa coido que foi López Nogueira. Rapidamente, o SEU rectificou e as cuantías dos premios foron igualadas en ambos idiomas.
Con todo, os xurados declararon desertos os premios en castelán menos o primeiro e cubriron todos os de lingua galega. Foi cando á Alonso Montero, mantedor do acto, lle prohibiron facer o discurso en galego e el pronunciou unha vibrante e belíxera arenga en favor da lingua asoballada que lle proporcionou a el un disgusto e a nós unha inmensa satisfacción política. Os aplausos a Alonso foron, no Paraninfo, treboada.
Hoxe, os Premios Nacionais da Consellería de Cultura de Galicia non contemplan modalidades por xéneros literarios e vanse retribuir con 15.000 Euros mentres que os Premios Nacionais do Ministerio de Cultura de Madrid (raramente recaen en autor en galego), alén de seren convocados para todo os xéneros literarios e máis, xa subiron o valor até 18.000 Euros. Penso eu que, se o SEU franquista foi capaz de rectificar nas Festas Minervais de 1956-57, a Consellería de Cultura do BNG ben pode rectificar tamén mañá o agravio que representa para o idioma nacional a inexistencia de modalidades por xéneros literarios e unha dotación que minusvalora e ofende aquilo que é nacional e propio.

sábado, abril 05, 2008
Arraianos contra arianos e a xenofobia
O espazo cultural e esportivo de Valença do Minho foi invadido recentemente de letreiros que asina Resistencia Ariana: cruces gamadas, triskeis de Álvaro das Casas, círculos coa cruz que fixera famoso o fascismo europeísta de Occident. Todo fala dunha supervivencia galega do vello nacionalsocialismo de CEDADE.Se a simboloxía é profusa e redundante, os textos son probes e están escritos (coma no caso de CEDADE) na ortografía "reintegracionista" que discurrira un día Carvalho Calero. Din: "Gallaecia naçóm ariana" e cousas do xénero. A resposta non tardou. Nun recente paseo pola zona vin as pintadas cruzadas e unha expresión contradictoria: "Abaixo os fascistas". Tamén polas rúas de Celanova se fai notar esta Resistencia Ariana galaico-duriense.En realidad R.A. é un grupo que imita o norteamericano Arian Resistence cuxos loucura e baixos instintos poden ser examinados polos curiosos en internet. Baséanse na supremacia dunha inexistencia "raza aria", concepto no que se basaba unha parte da ideoloxía alemá do nacionalsocialismo (a parte fundamental era o anticomunismo). A noción de aria (en portugués "ariana") non ten outra explicación que unha ben feble: nalgunhas linguas indoeuropeas asiáticas arya significaba "xefe" membro da comunidade dominadora, de onde Irán e iraniano ou iraní (arabizado). Tal termo arya foi descoñecido polas linguas de Europa incluída as dos vellos xermanos e a dos habitantes da antigua Gallaecia e da antigua Lusitania.En realidade toda esta chafallada ideolóxica só ten o fin, entre nós, de lle dar cobertura a unha mobilización fascista e racista contra os xitanos, os norteafricanos, os hispanoamericanos, os pretos en xeral os emigrantes que veñen vivir entre nosoutros. A min estes "arios galaicos" fanme acordante daquel debuxo de Castelao que representaba un indixente con esta lexenda por baixo: "O home que mercou un can para ter en quen mandar".Se vostedes visitaren en You Tube o video de Resistencia Ariana-Galicia (Galiza, xa se sabe, é máis radikal ca Galicia) verán imaxes do grupo queimando ao estilo KKK, suxeitos coas caras cubertas con felos que representan caliveras ("Abajo la inteligencia, viva la Muerte": Millán Astray, na Coruña sempre en efixie) e un conxunto de encarapuchados que lle plantan lume (ou fogo, tanto ten) a unha bandeira galega coa estrela vermella de cinco puntas. O ideólogo autóctono que estes continuadores de CEDADE veneran como seu precursor é Vicente Risco e escriben moi pouco. Os contidos de R.A. reducense a isto: "Galicia e N. de Portugal unidos contra as razas inferiores que nos invaden".
En moitos lugares de Galicia prodúcense manifestacións racistas de importancia contra a presencia de cidadáns (agora dígoo eu) da minoría xitana que leva connosco desde o século XIV (ou desde antes). En Vilaboa os muros aparecen pintados con slogans contra os marroquinos que escolleron ese concello e a freguesía de Paredes para vivir, mandar aló os nenos á escola e pagar os impostos e rendas de aluguer. O concello (maioría de "progreso") de Vilaboa xa lles proibiu aos veciños de orixe magrebí abrir no termo municipal unha mesquita.IIIEstamos á espera dun movemento galego contra o racismo e a xenofobia.

Vivo na raia
CONTA ONDE VIVES !A paisagem audiovisual do século XXI da Eurorregião Galiza-Norte de Portugal
A Morraceira e Ponte...nas ondas! promovem o CONCURSO AUDIOVISUAL para configurar um
mapa audiovisual do território.Uma aposta pela posta em valor do património e o
territorio. Um espaço geográfico e ecológico no que se conformou a identidade
galego-portuguesa.
Concurso aberto a todas as idades.
Divulga e difunde !
+ info: A Morraceira + Ponte...nas ondas!
segunda-feira, março 31, 2008
O Xefe fala do Tibet
Vanlle levar a penicilina e o pensamento racional" -tivo o valor de nos decer en clase Francisco Cerviño o día no que algúns alumnos lle expresamos a nosa indignación pola primeira ocupación chinesa do Tibet. Cerviño, que non era comunista pero si home de progreso e moi galeguista, sen sabelo diunos unha lección que, polo que se refere a min, endexamais había de esquencer. Hoxe un disparatado Buda vivinte que significa perguiza e explotación dos campesiños, especialmente das mulleres, do Tibet (unha das rexións menos fértiles do mundo) aparece como "líder espiritual" e como símbolo de pureza en todos os medios de comunicación. Por iso me retornan as palabras do meu inesquencíbel profesor de Pontevedra.Palabras que foron reaparecendo na miña vida cada vez que o movemento nacionalista era usado na dirección contraria do vento (se se me permite a expresión) da Historia. Nin todo o que se axita é revolucionario ("pas tout ce qui bouge est rouge") nin toda autodeterminación libera realmente un pobo ou nación. Claro que o Tibet ten dereito á súa independencia nacional, pro os homes e mulleres ceibes do mundo deberían desexar que tal independencia leve acompañada a supresión do poder dos lamas que fabricaron altares de ouro coa fame do pobo e que as mulleres saian da escuridade e da opresión máis terríbel das que o seu sexo sofreu nunca nin sofre. Antes de nos solidarizar co Tibet dominado por China teremos que nos preguntar a costa de quen viven os milleiros de lamas exiliados cuxo tempo non se ocupa no traballo útil e cuxa mentalidade xace nas sombras da alienación relixiosas nas que non penetra nin unha soa raiola de lucidez científica e racionalista. Se certamos a determinar quen paga o combustíbel do jet do Dalai Lama e alimenta a súa corte de frades sempre masculinos poderemos comezar a comprender o labirinto tibetano nos termos nos que se traza na actualidade o seu sistema de galerías segredas.
Despois do Tibet pasou pola miña vida o separatismo de Kaga contra o Congo popular de Lumumba, o independentismo zulú insolidario co proxecto multinacional e multilingüe da Sudáfrica de Mandela, a Padania de ópera bufa e intereses vulgares que trata de lle corrixir a historia á Italia alegre e tricolor que amaran Murguía e Curros. Vin con horror como a desfeita da URSS se apoiaba na alavanca dos mesmos nacionalismos que na miña nenez nutriran as fileiras do nacionalsocialismo e das SS no Leste de Europa. Coñecín como Yugoslavia, un modelo de sociedade libre e multicultural, estoupaba e volvía á barbarie na medida en que o seu discutido socialismo autoxestionario se extinguía ben conducido pola man segura do Vaticano, dos EEUU e da eterna política oriental dos alemáns de novo reunificados para o mal xeral da Humanidade. Por fin, asisto á independencia de Kosovo, velaí a criazón do paradiso do desorde que é Kosovo. Nun escamoteo pérfido do Capital, Kosovo, xa non é Serbia pero, oh milagre, tamén xa non é Albania. Só diñeiro desregulado e puro.
As bandeiras con barras e estrelas ondeando ao vento de Kosovo sírvenme para visualizar do xeito inequívoco a lección de Francisco Cerviño Gesteira en 1950. Todo nacionalismo é plástico e depende de cal contido e forma se lle dea á súa función no movemento da Historia. Iso dicía Étienne Balibar, n´ A Trabe de Ouro e iso penso tamén, modestamente, eu.
quarta-feira, março 26, 2008
segunda-feira, março 24, 2008
Presentación na Torga
MIGRACIÓNS NA GALICIA CONTEMPORÁNEA
XOSÉ MANUEL CID FERNÁNDEZ – XOÁN CARLOS DOMÍNGUEZ ALBERTE – RAÚL SOUTELO VÁZQUEZ
(COORDINADORES)
O próximo venres, día 28 de marzo, ás 20:00 horas na Libraría Torga (rúa da Paz, n.º 16) de Ourense.
Intervirán no acto D. Xosé Manuel Cid, vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación; D. Jesús de Juana
López, catedrático de Historia Contemporánea; D.ª Isabel Pérez, concelleira de Cultura do Concello de Ourense;
D. Manuel Luís Rodríguez, secretario xeral de Emigración; e D. Olegario Sotelo Blanco, editor.

domingo, março 23, 2008
O Xefe falou... Esta é a miña Patria
Os escritores (merecedores do título) en lingua galega pasaron pola confrontación electoral sen lle daren moitos apoios á dereita e prestándollos, uns máis e outros menos, a todo aquilo que se moveu contra a barbarie. Entre outras cousas foi por iso mesmo polo que esta pasada tempada electoral se falou e escribiu tanto e tan agresivamente contra os escritores en lingua galega. E por que me virá agora á memoria aquela famosa carta de intelectuais galegos a favor da entrada de España na OTAN que non quixo asinar ningún verdadeiro escritor galego? Agora eu quixera felicitarme a min mesmo polo feito de que os escritores de Galicia, de Rosalía ás Redes Escarlata (por pór un simple exemplo de colectividade socio-cultural), pasando por Don Ramón María del Valle-Inclán, soen ser así ou, se non, chámanse Vicente Risco.
Días antes da campaña, unha manifestación nutridísima alagou as rúas de Compostela baixo o lema de Galicia non se vende. Tal mobilización ensinaballe á coalición autonómica que existe unha esquerda, un ecoloxismo, unha clase obreira e un nacionalismo vivos e actuantes que non van permitir a destrucción do noso ambiente e da nosa vida por moito que o BNG e o PSOE estean e prevariquen no goberno de Santiago. Sempre decimos que o Parlamento de Galicia amosa o atraso político da Nación ao non teren asento nel máis ca deputados de tres partidos, cando no de Euskadi fanno seis e no de Cataluña cinco (ou é ao revés?). Falamos do atraso político de Galicia.
O cal nos leva a albiscar un futuro no que, a consecuencia das vindeiras eleccións autonómicas, o retroceso do voto ao PP (elisión dos seus siareiros galeguistas ou simplemente demócratas), a ampliación desproporcionada e utilitarista do voto ao PSOE por parte de subxectividades verdadeiramente progresistas e a concentración no BNG da maioría dos sufraxios independentistas e de esquerda (ao que habería que asociar o voto patriótico e e marxista branco/nulo, tan numeroso) abran paso a unha mudanza política que sitúe no Hórreo electos ceibes e dispostos a aquilo que alguén chamaba "servir o pobo". Xa veremos a ver. "Mudam os tempos, mudam as vontades" - dicía V. nunhas viñetas ou cadradiños perdidos do chiste (sic) V. for Vendetta, da autoría de Alan Moore e David Lloyd.
segunda-feira, março 17, 2008
O Xefe fala do Pousío, o Xardín Botánico de Ourense
Tiñan unha alta visión de política cultural as xentes que gobernaban na deputación e no concello de Ourense no final do século XIX. Cando a Lei Moyano o fixo posíbel abriran o primitivo Instituto na actual Rúa de Lamas Carvajal, e tamén alí o núcleo da biblioteca provincial sobre a base dos libros colleitados polo abade exclaustrado de Celanova Bonifacio Ruiz. Pro non ficaron aí. A picaraña dos poderes políticos, aberta ou caladiñamente progresista, achandou as derradeiras casas da parte Sul da vila, alí onde vivían os graxos e as putas que farían inmortais Lamas, Álvarez de Nóvoa e Blanco Amor. Trazaron unha rúa nova, ancha e clara, á que chamaron do Padre Feijóo por ser este personaxe admirado nas loxias masónicas e nas hozas carbonarias. E nesa rúa ergueron o edificio do novo Instituto que durante moito tempo foi o mellor de Galicia (1896) . Non satisfeitos con instalar o Instituto con grande dignidade e mesmo aparato (notorio paraninfo, motivos árabes na decoración claustral), os políticos locais soñaron con facer daquelles lugares humildísimos e degrados da cidade unha especie de foco de irradiación da cultura laica e superior. Así pensaron que o novo edificio, ademais de centro docente, tería que ser, e así lle chamaron, o Centro Provincial de Instrucción Pública. Nel traballou a Comisión Provincial de Monumentos e conservou as súas coleccións e arquivos. Alí tivo a súa sede a magnífica Biblioteca Provincial que non parou de medrar durante moitos anos. Alí, en fin, estaban as salas dun dos mellores museos de historia natural de España, según me contaban. Pro aínda faltaba un elemento máis que fixese da marxe Sul de Ourense motor cultural de toda a Provincia: un Xardín Botánico.Próximo ao Instituto encontrábase o terreo público chamado Pousío (en galego, "valdío, poula, ermo"), que se castelanizou impiedosamente en Posío. Unha Nosa Señora do Pousío era venerada nunha capela que a nova estrada de Castela fixo desaparecer e a súa imaxe aínda recibe culto minoritario na Burga. Os políticos locais decidiron converter o Pousío ou Posío en Xardín de Plantas ou Botánico, e arrodearon o perímetro cun muro de perpiaño e grandes de ferro, para o protexer seguramente dos graxos e das barbaridades que estes adoitaban cometer nas noites de esmorga por Auria adiante. Instituiron que o catedrático de Agricultura ou de Historia Natural do Instituto dirixise o Xardín.Este proxecto exemplar de política cultural integrada fracasou. O Instituto ardeu en nadal de 1927 e con el a biblioteca de 14.000 volumes entre os cales moitos exemplares únicos e incunabeis varios. O Xardín do Pousío desligouse do claustro docente e, ano tras ano, o concello foi permitindo a súa degradación, que culmina nestes días en plantacións sen sentido e nunha terríbel perda de vexetación. Especialmente durante o franquismo, o Pousío foi aproveitado como lugar de folións, escenario de jimkanas, e sitio ao que se levaba toda actuación ao ar libre. O descoido e o desinterese municipal polo Xardín do Pousío vennos hoxe ás mentes cando lemos que un congreso de xardineiros dos chamados hoxe paisaxistas tivo lugar en Ourense e que o concello actual decidiu pór en marcha un novo xardín botánico no Montealegre esquencendo que xa Ourense tén un e que se encontra en estado lamentábel.
quinta-feira, março 13, 2008
Arraianos nas Terra de Turonio

Quen anda aí??... Este venres, 14 de marzal, a Casa do Libro de Vigo acolle ás 20 horas a presentación dun monográfico da Revista Arraianos sobre A Vida nas Aldeas e maila proxección do documental sobre o abandono do medio rural, Queda alguén ai??, de Rafael Cid.
Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Sendón, Rafael Cid, Henrique Alvarellos e Aser Álvarez van participar neste acto multimedia ao que estades todos convidados. Arraian@s das Terras de Turonio, vémonos en Vigo!! Auuuuuu!!
segunda-feira, março 03, 2008
Curros e Vigo
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN Éo ano do centenario da morte de Curros Enríquez e unha carta ao alcalde asinada por diversas per-soas dotadas de alto nivel cultural e de representación social, reclama que Vigo estea presente nos actos de conmemoración que en toda Galicia van ser promovidos notoriamente a partir da Academia Galega e do Patronato Curros Enríquez. Sabemos que a carta -que publicamos íntegra na sección No Fondo dos Espellos- foi posta en circulación e elevada á primeira autoridade municipal de Vigo por Xosé González Martínez e que o seu redactor é Xerardo González Martín, historiador de Vigo. Pídese, de xeito moi especial, que o monumento vigués a Curros sexa devolto ao seu emprazamento orixinal na Praza de Compostela, tamén chamada Alameda, de onde fora trasladado ao Monte do Castro polo alcalde franquista Rafael J. Portanet.O monumento vigués a Curros foi ergueito, a raíz do falecemento do autor e símbolo popular republicano e nacionalista, pola benemérita Sociedade "La Oliva", daquela presidida seica polo arquitecto Manuel Gómez Román que tamén había de presidir nos anos cuarenta a reconstrucción en clandestinidade do Partido Galeguista. A actual carta ao alcalde de Vigo relata, mediante a man erudita de González Martín, a relación de Vigo e Curros Enríquez, da cal tamén se tiña ocupado (cómo non) X.M. Álvarez Blázquez."Viña de vello o vencello de Curros e Vigo. Nunha das ocasións nas que pasou pola cidade, en 1877, escribiu aquí de volta á súa terra logo dunha delongada ausencia: "Si mi desventura es tal,/ de tu sol bajo el imperio,/ ¡oh Vigo! préstame leal/ una choza en tu arenal/ o un hoyo en tu cementerio".Refírese Curros poéticamente ao cemiterio de Picacho, hai moitos anos extinguido, onde xacía a súa amiga Modesta Méndez Brandón, a amada que fixera tolear e morrer a golpe de licor-café o "tenro" Castor Elices, seu compañeiro de letras na vila de Celanova. Hai vagas referencias de que un día, en 1904, Curros Enríquez lle comentara a alguén o seu desexo de terminar vivindo en Vigo.Durante o período franquista e pesia a que Curros concitara a inimizade da Igrexa Católica e da dereita en xeral, non se modificaron as designacións das rúas e institucións que levaban, e levan, o seu nome, e aínda se lle levantou un novo monumento, obra de Asorey, en Celanova e o poeta recibiu unha sonada homenaxe no centenario do seu nacemento. A única amósega de falta de respecto por Curros Enríquez, e mesmo de agravio político calculado, constitúe o traslado do monumento a Curros da Alameda de Vigo ao Monte do Castro para pór no seu sitio un monolito sen caracter dedicado (hoxe nin iso é apreciábel) a Rubén Darío.
segunda-feira, fevereiro 25, 2008
Fóra do Sagrado en Ourense II

Chegan os lobos arraianos a Ourense... este mércores, 27 de febreiro, ás 8 da noite, poderédelos escoitar e ver, se hai sorte, na entrada do campus de Ourense, auuuuuuuu!.... e chegan da man do lobo de Manselle Anxo Angueira, recén chegado da Habana, e do seu poemario épico, esencia do Berbés vigués e lagarteiro e de todos os seus Vigos, Fóra do Sagrado empeza o espectáculo... E veñen de volta os tres luparios coa banda sonora do Leo i Arremecághona e os rechouchíos trasterrados do Aser Arraiano... Os irmaus de Dios póñenlle o marco e o fondo artístico sobrecolledor a este espectáculo multiorgásmico que ningún universitario, fumador de xarutos nin bo bebedor de augardentes e licandorios debera perderse. Auuuuuuuuuuuuuuuuuuu! Xa nos ouveamos...
O xefe fala da rota de Breogán
X. L. MÉNDEZ FERRÍN
Comentabamos eiquí na pasada sesta feira a presenza estelar de Galicia na Feira Internacional do Libro desa Habana da que tantas ideas e iniciativas boas para Galicia teñen saído, xeralmente do desagrado da parte cavernaria do País. Debémoslle, pois, agradecemento hoxe ao goberno cubano cuxas autoridades culturais designaron o noso como País especialmente invitado. Nun País que ten algúns habitantes empeñados en non querer ser País que haxe un País que o considere País non deixa de constituir unha boa inxección de auto-estima, que é o contrario do auto-odio na terminoloxía psico-social contemporánea. Tamén os que consideran que Galicia é Nación deben de lle agradecer moito á Xunta, e especialmente á Consellería de Cultura, que ela soubese estar á altura das circunstancias e lles representase a multitude de xentes chegadas á Habana desde todo o mundo que Galicia, existe realmente.
A visibilidade de Galicia no panorama internacional cobrou nitidez a outra semana en Vigo, ou sexa sobre as ondas do mar de Vigo. O buque da súa Maxestade Británica Lancaster viaxou de pé feito ou sexa ex professo para que na súa cuberta tomase posesión a nova Cónsul do Reino Unido en Galicia. En presenza do comandante (catro galóns e coca) do barco, a embaixadora británica en Madrid, Denise Holt, fixo un belo discurso que en parte reproduciu a prensa. Falou da presenza, de súbditos (así se chaman a eles mesmos) británicos en Galicia e da etapa de relacións británico-galegas que se vai abrir coa nova orientación do consulado, con sede en Vigo. "Galicia e o Reino Unido comparten cultura atlántica e pasado celta", parece que concluiu a embaixadora, que demostrou saber de nós e das navegacións contadas no lebor Gabála e das relacións de Fisterra a Fisterra das que falara Paulos Orosio e que figuran secretas no interior do noso Himno. Lucy Watson, a cónsul recén nomeada, dixo coñecer Galicia ben e prometeu chegar a coñecela aínda mellor. Moitas grazas e beizóns a estas dúas señoras por recoñecer en a nosa existencia e agradecidos tamén ficamos ao Amirantado que ordenou a viaxe dunha súa fragata para que o acto de institución do Consulado británico en Galicia ostentase a relevancia formal máis alta. Naturalmente, a Madrid nunca podería ser enviado un navío de guerra. Con todo, este cronista non esquence que, na outra banda do noso mar, Irlanda do Norte continúa ocupada.
Galicia está a dar pasos firmes e seguros no camiño que rematará con recoñecemento mundial da súa realidade social, pasaxística, histórica, cultural e linguística. Lonxe quedan os tempos nos que os turistas marítimos corrían en Vigo a mercar recordos en forma de bailarinas andaluzas, touros e toureiros e chapeos mexicanos.

domingo, fevereiro 17, 2008
sexta-feira, fevereiro 15, 2008
O Xefe fala da rede Galiza non se vende
Por X.L. Méndez Ferrín
Houbo un tempo, xa moi recuado, no que o chamado "ecoloxismo" foi en Galicia un eco, ás veces mimético, das grandes liñas internacionais da corrente "verde". Daquela falábase moito do estrés que podían sufrir as troitas cos motores do catamarán do Sil, do problema das pillas, da promoción do reciclado do papel e da defensa das baleas. Hoxe, os asuntos que atinxen á conservación da natureza céntranse máis certeiramente nas necesidades do país e unha vivencia real da biodiversidade converte en tan importante a preservación dunha especie de insecto ou dun microorganismo como a protección dos grandes, vistosos e cinematográficos cetáceos. E sobre todo, o novo conservacionismo galego dase a man coa análise da predación económica do nos o país por parte do que só pode ser chamado capitalismo colonial e resulta un movemento amplo e plural moi ben arraizado nas localidades e ao mesmo tempo comprensivo de toda Galicia como realidade diferenciada.Non podemos esquencer que en 1964 xa a esquerda nacionalista (UPG) escomezara as súas accións directas e propagandísticas contra o sistema franquista combinando unha defensa da Terra e da auga do Miño coa denuncia do capital colonial e do capital monopolista de Estado no conflicto de Castrelo de Miño. Fagan memoria histórica.Constituido o movemento Galiza non se vende, a lista dos obxectivos e puntos de denuncia é varia e céntrase no corazón magoado da nosa realidade natural e social: marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plan acuícola devastador, portos deportivos que enmascaran urbanizacións e apropiación privada da costa, plan eólico contra-natura, destrucción e privatización da Tarra pola cobiza de graniteiros, louseiros e outras minarías (Ruina Montium actualizada), industrias nocivas (Reganosa, Ence, etc.), sistema de transportes primitivo e insostíbel, especulación xeneralizada, extinción programada da agricultura, pobreza de espazos naturais protexidos e abandono dos que hai, desprotección do patrimonio arqueolóxico, especialmente do prehistórico.Estes e outras formas de malestar van sair a rúa na manifestación de Galiza non se vende do domingo 17 de febreiro. Coma nos grandes acontecementos patrios, desde o 25 de Xullo de 1968, a cita é á mediodía na Alameda de Santiago de Compostela, porque os sitios teñen memoria. Compre fixarse nisto: unha boa parte das críticas teñen como receptora a actual Xunta de Galicia, e estamos dentro dun acidulado clima electoral. Ao mesmo tempo, esta non vai ser unha manifestación en favor da bugallalismo e do franquismo de Rajoy Brey e do PP recuante e salaz. Todo o cal proxectará sobre os manifestantes de Galiza non se vende un feixe de luz rara. Eu espero que todo, os presentes e os ausentes, se decaten de que a protagonista da manifestación será non a "sociedade civil", nin a "cidadanía", senón algo tan distante desta palabra ou verba choca como é o Pobo Galego. Que o hai e está dotado de conciencia, anque a algúns lles doa na ialma.

domingo, fevereiro 10, 2008
Pegada no barrio de Bouzas (Vigo)
domingo, fevereiro 03, 2008
Arraianos e o entroido de Ourense
Unha aposta arriscada a nosa e cunha competencia moi dura: O entroido arraiano... Mais case cen persoas asistiron á presentación de Arraianos VII (A vida nas aldeas) no Liceo de Ourense, un acto multimedia onde tamén puidemos visionar por o documental de Rafael Cid, Queda alguén aí?, sobre o despoboamento do interior de Galicia.
Finalizou a xornada cunha estimulante mesa redonda sobre o futuro do medio rural galego, que marca un fito na creación de espazos de encontro e de debate para xerar un gran pacto social que poida frear a desfeita e o esmorecemento do mundo das aldeas.
Na foto, de dereita a esquerda, Xosé Rodríguez, delegado de Medio Rural en Ourense, Henrique Alvarellos, editor de Arraianos, Aser Álvarez, director de Arraianos, Rafael Cid, director do documental, Francisco Sineiro, profesor de Economía Agraria na USC e Roberto Castro, voceiro parlamentar popular para asuntos de Medio Rural.
sexta-feira, janeiro 25, 2008
O mundo das aldeas chega ao Liceo de Ourense
Arraianos, Alvarellos e TVE convídano á proxección do documental Queda alguén aí?, xunto coa presentación da revista Arraianos nºVII: A vida nas aldeas e unha mesa redonda sobre o futuro do rural galego.
Participan:
Rafael Cid, director do documental
Aser Álvarez, director da revista
Henrique Alvarellos, editor
Roberto Castro, voceiro do PP en asuntos rurais
Francisco Sineiro, profesor de Economía Agraria na USC
Xosé Rodríguez Cid, Delegado da Consellería do Medio Rural en Ourense
Sábado, 2 de febreiro, ás 20.00 horas, no Salón Nobre do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal,5)

quarta-feira, janeiro 23, 2008
Irmau aviador

Aínda estou abraiado por esta nova "coincidencia", porque é a confirmación de que o noso irmau aviador segue a facer das súas dende aló enriba, sobrevoando os outeiros do principio mundo co seu vello Breguet XIX, para facer que o mesmo día en que recibo por correo en Compostela un exemplar da reedición do seu libro de memorias, Matádeo Mañá, moi lonxe da Algalia, Ana Miranda, en Bruxelas, atopa no dobre fondo dun vello pecé as derradeiras fotos do noso amigo Elixio en México, "coincidencia" máxica que queremos compartir con todos vós. Beizón, amigo Elixio, arraiano de pura estirpe, nesta foto acompañado pola súa dona, María Gloria e Ana Miranda. Unha imaxe para a lembranza.
terça-feira, janeiro 15, 2008
Arraianos e a Vida nas aldeas

De esquerda a dereita: Pedro de Llano, Aser Álvarez, Henrique Alvarellos e Augusto Pérez Alberti
O número VII de ARRAIANOS, editado e comercializado por Alvarellos Editora, está xa á venda en librarías, quioscos especializados e a tenda on line da editorial www.alvarellos.info. Trátase dun especial de 158 páxinas, maquetado a toda cor e con amplo despregue gráfico. Medio cento de colaboradores, antropólogos, xeógrafos, arquitectos, xornalistas, economistas, escritores, politólogos, críticos literarios, fotógrafos e outros creadores participan neste monográfico, onde se abre unha fonda reflexión sobre o presente e o futuro do país.
A incorporación de destacados colaboradores, un novo deseño a toda cor e novas e máis amplas seccións, marcan a nova xeira da revista ARRAIANOS, unha publicación de referencia no país promovida pola Asociación Arraianos e dirixida polo xornalista Aser Álvarez.
Atópanse sinaturas tan destacadas como Pedro de Llano, Agusto Pérez Alberti, Marcial Gondar, Francisco Sineiro, Plácido Lizancos, Xosé Manuel Pereiro, Anxo Angueira ou J.J. Moralejo, entre outros. Trátase dun monográfico sobre “A vida nas aldeas” e as fondas transformacións –o abandono do rural– que presidiron o último cuarto de século. Extractamos un párrafo do editorial, titulado “Quen anda aí?”: No tocante ao rural, seguimos entre a ideoloxía da maquinaria pesada e o quilovatio, a barbarie progresista, e a procura romántica do ser nacional embaixo da boina dos paisanos, do Santo Grial no rabo dunha vaca. Miseira mental e política (ou prepolítica). Populismo, clientelismo, anarco-capitalismo, simple desleixo, delincuencia pura e dura... Non hai trapallada que non atope aquí a súa patria. (Páx. 5).
Malia ter só dous anos de vida a revista converteuse xa neste tempo en todo un referente no eido do pensamento e da reflexión colectiva do país. A publicación abandeira o “espírito do movemento arraiano”, que ten o seu cerne nas terras do Val do Limia e Celanova, e dende esta patria intenta entender o universo todo. O seu director, Aser Álvarez, afirma que con este monográfico “o que quixemos facer é comezar a pensar que pasa coa vida nas aldeas. Tras a brutal despoboación e deterioro do medio rural experimentados nos últimos anos preguntámonos agora “Quen anda aí”?”. Neste número fálase dos caciques, das aldeas abandonadas, da Raia Seca, das perspectivas da economía rural, de arquitectura, xeografía e mesmo dos escornabois ou dos lobos. Conta ademais con seccións fixas de crítica literaria (Andel de libros), fotografía (Manuel Sendón, Ramón Godás) e creación (Fernández Naval, Niebro, Olga Novo, Chus Pato, Rábade Paredes, Daniel Salgado, Elvira Riveiro...).
Esta publicación foi presentada no Club Internacional de Prensa de Galicia, nun acto que contou coa participación do director da publicación, Aser Álvarez, o xeógrafo Agusto Pérez Alberti, o arquitecto Pedro de Llano e do editor, Henrique Alvarellos. En relación ao despoboamento e a desfeita no rural galego, De Llano manifestou que “o tráxico é que o que nós coñecemos hai un cuarto de século hoxe xa non existe. A Galicia rural está destruída. E todo porque dende o poder político non se aborda a execución dun planeamento que abranga a todo o país”. Pérez Alberti, pola súa banda, reclamou tamén “un plan director territorial” e manifestou dúas preocupacións: “A primeira, como se foi destruíndo a aldea esteticamente, mais tamén me procupa como se foi desartellando o territorio. Como se foi contruíndo do xeito en que se fai, pé dos ríos e do litoral”. O director da publicación, Aser Álvarez, identificou o problema do rural galego: “Non é algo natural nin unha consecuencia –dixo– de falta de recursos, senón de vontade política para definir un modelo de desenvolvemento e levalo á práctica”, ao tempo que definiu os contidos deste número como “heterodoxos e plurais, con aportacións de colaboradores de diferentes formacións e sensibilidades, lonxe de sectarismos e partidismos demasiado habituais neste país”. Finalmente, para o editor, Henrique Alvarellos, “incluír no noso catálogo unha revista co peso, a fondura e a intensidade de ARRAIANOS é sen dúbida un motivo de satisfacción e mesmo un orgullo para Alvarellos Editora. Dende o punto de vista da edición, e tamén na propia comercialización ou distribución, quixemos estar á altura deses contidos e facer e difundir unha publicación cultural que sexa todo un referente para o país”.
Reapertura do Foro Negro

O vindeiro sábado, 19 de Xaneiro, ás 12 da mañá, Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta a nova xeira do portal www.arredemo.info no Instituto Galego de Información apoucos días do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos. No contexto desta agresión, reábrese o Foro Negro como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural. No mesmo día vaise presentar o número cero do Xornal Galicia como reflexión colectiva e análise da situación social e cultural do país, que servirá como documento de base do foro e inciativa de apoio a Isaac. Dende Arredemo e Burla Negra chamámoste a formar parte da construción da rede de comunicación e distribución social coa que xa compartimos aventuras, despistes e fracasos, e algún que outro éxito en experiencias como Hai que Botalos.Queremos contar contigo e con toda a túa experiencia para sumar forzas naconstrución dunha rede capaz de proporse accións á altura das esixencias do momento,seguros como estamos de que cando traballamos xuntos nos sentimos menos sós eacadamos mellores resultados. Porque cando as cousas se sinten e o compromiso é sincero e libre as nosas acciónsresultan máis divertidas e os obxectivos a acadar semellan máis próximos. O sábado 19 chocámonos as mans no edificio do IGI. Non faltedes.Confirma a túa asistencia ou a do teu colectivo en foronegro@arredemo.info
quarta-feira, janeiro 09, 2008
De neta a avó

Elixio Rodríguez foi un home que, lonxe de forxarse un carácter áspero, despoixa dunha vida dura e de zafar da morte en varias ocasións, entre sorrisos e retranca sempre tentou deixar testemuña daquelo no que cría. Contando as historias do que viviu, dende a infancia até o final da súa vida, lembraba e describía cada intre coma se o tivera vivido só uns días atrás. Parecía respirar fondo cando falaba do verde recendente de Galicia e saboreaba as súas palabras cando pensaba nese pan e nesa carne que xa non eran coma as antes. Foi un home que nunca deixou morrer a ilusión do meniño que levaba dentro, e ese era un dos motivos polos que sempre pensei que era inmortal. A posibilidade da súa morte era unha desas cousas que anadaban aí e que sabía que tiña que acontecer tarde ou cedo, pola súa avanzada idade (97 anos). Pero só lembrarme da derradeira vez que o vin en Madrid, no aeroporto cando voltaba a México, que ao verme ergeu os brazos sen agardar e co rostro alumeado berrou: " a miña neta", faime pensar que non cabe a posibilidade de que deixe de existir xamais.
Eso mesmo foi o que pensei o pasado 4 de xaneiro, día do seu 98 aniversario, cando tantas persoas se xuntaron para lle render homenaxe pola súa vida íntegra e coherente e pola fonda pegada que nos deixou o seu paso polo mundo. Este evento tivo una gran carga emotiva e máis dunha bágoa foi derramada por familiares e amigos cando escoitamos cada unha das palabras que, ás veces coa voz entrecortada, se dixeron na súa honra. O estómago formigueaba ao ver cada ollada que se enchía de gratos momentos ao lembralo e a pel ourizábase ao ver a súa fotografía ao fondo, mentres se deixaba claro que Elixio Rodríguez é un ser que sempre vai vivir na nosa memoria e que, aínda que non foi un santo, foron moitos os que o lembraron e lembrarán sempre. Elixio foi un grande home coas ideas claras que deixou non só un bo feixe de descendentes senón taméninumerables amigos. Incluso para a xente que non tivo o privilexio e o pracer de coñecelo é un referente e todo un exemplo de vida comprometida e cunha historia extraordinaria.Toda a familia Rodríguez sentimonos inmensamente agradecidos polos actos do outro día en Lobios e Celanova e tamén polo esforzo que se puxo na súa organización. Estamos orgullosos de ver que tanta xente o aprezaba e que ao longo da súa vida conseguiu o que sempre quixo: deixar a súa tetemuña viva e, o que é máis importante, o seu exemplo vital, pra que as novas xeracións sigan loitando por un mundo e un país máis xusto.

Este texto foi escrito por Isa Talía, neta de Elixio Rodríguez que actualmente traballa e reside en Madrid.
terça-feira, janeiro 08, 2008
quen anda aí?
Pódese subir a un outeiro nunha noite limpa con pouca lúa. Por exemplo ao curuto de Castromao, dominando o val do Arnoia. O que se ve na terra é unha morea de puntos de luz relativamente espallados ou agrupados en pequenas constelacións. Máis de 138, que é o número de pezas do Opus de Beethoven, e menos de 8.479, as estrelas que seica poden verse no ceo a simple vista. Debera abondar esta complexidade topolóxica para espantar o reduccionismo.Mais non abonda. No tocante ao rural, seguimos entre a ideoloxía da maquinaria pesada e o quilovatio, a barbarie progresista, e a procura romántica do ser nacional embaixo da boina dos paisanos, do Santo Grial no rabo dunha vaca.
Miseria mental e política (ou prepolítica). Populismo, clientelismo, anarcocapitalismo, simple desleixo, delincuencia pura e dura... Non hai trapallada que non atope aquí a súa patria.
Teño diante unha foto dun libro de Oteiza. Vense uns homes comendo nunha mesa grande a carón dun caserío. O escultor glosa deste xeito: “Emocionante reunión, la pasión de reunirnos los vascos (pero sólo para comer, para jugar). Hemos perdido el apetito espiritual. La montaña deja de ser un mamífero: es un armario. ¿De dónde venimos, cómo somos, qué no somos capaces de hacer y de apostar en el orden espiritual? Parece, últimamente, que vamos a aprovechar este apetito que nos reúne para comenzar a pensar”.
Iso foi o que quixemos facer nós. Aproveitar o apetito que nos xunta para comezar a pensar sobre a vida nas aldeas. Ou máis modestamente, para preguntar quen anda aí.
domingo, janeiro 06, 2008
Eloxio de Elixio Rodríguez
En xullo deste ano contámoslles da morte de Elixio Rodríguez, histórico galeguista de longa e vizosa traxectoria, nado en Grou, Lobios, un 4 de xaneiro de 1910. E tamén anunciamos entón que iamos organizar unha homenaxe. E veleiquí, por enriba de todos os obstáculos que Arraianos e a Fundación Galiza Sempre atoparon para poder organizar este evento que superou as nosas mellores expectativas. Demóstrase unha vez máis que as terras de Celanova precisan espazos públicos para o movemento asociativo. E tamén unha vez máis se demostra que o noso amigo aviador é un referente para moitos de nós. Beizón, amigo Elixio, arraiano de pura estirpe.
terça-feira, dezembro 04, 2007
Homenaxe a Elixio Rodríguez o 4 de xaneiro
A Asociación Arraianos e a Fundación Galiza Sempre organizan unha homenaxe a Elixio Rodríguez, o histórico galeguista, coincidindo co aniversario do seu nacemento en Grou-Lobios o 4 de xaneiro de 1910. A propia familia, Xosé Manuel Beiras e o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, están entre os participantes previstos nun programa de actos que se desenvolverá nos Concellos de Lobios e Celanova e que conta coa colaboración do BNG e Galiza Nova e os apoios da Vicepresidencia e a Consellería de Cultura.A traxectoria de Elixio Rodríguez faino sobradamente merecedor deste recoñecemento: a súa defensa das libertades democráticas e dos dereitos nacionais costoulle un doloroso exilio desde o que seguiu desenvolvendo unha intensa actividade sociopolítica e cultural, coherente co seu pasado de fundador das mocedades galeguistas. Os organizadores recordan que “foi condenado a morte dúas veces durante a guerra, estivo preso no mosteiro de Celanova e a súa familia foi perseguida, fugouse cun avión do exército franquista até Xibraltar e chegou a ser coronel da República, cruzou os Pirineos a pé, estivo refuxiado en Francia e chegou a México como exiliado a bordo do Ipanema en 1939. Lémbrano cheo de “enerxía e vitalidade”, e como “galeguista apaixoado, retranqueiro e agarimoso, correlixionario e amigo de Castelao, Carlos Velo, Luís Soto, Celso Emilio e Pepe Velo”.
Programa homenaxe 4 xaneiro:
12h. Inauguración da Praza Elixio Rodríguez en Grou / Lobios
12.30h Multiusos de LobiosPresentación da reedición libro “Matádeo mañá” editado por Xerais
17.30h. Acto público no Instituto de Celanova.
Intervencións: Xosé Manuel Pereiro. Xornalista. Ana Miranda. Responsable comision emigracion do BNG e voceira do BNG-Galeuscat no parlamento europeo. Xosé Manuel Beiras. Presidente da Fundación Galiza Sempre. Amigos/as e familiares. Pechará o acto o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.
O acto vai contar tamén coas actuacións musicais de Daniel Romero e Kérkennai
quarta-feira, novembro 28, 2007
domingo, novembro 25, 2007
Presentación de Fóra do Sagrado en Compostela

Arraianos do mundo, se queredes vémonos este martes, 27 de novembro, ás 20 h, no auditorio da facultade de CC da Información da USC, en Santiago de Compostela...
Anxo Angueira presenta o seu último poemario, Fóra do Sagrado, recitando e con banda sonora e ambientación en directo. O Leo i arremecághona dirixe a parte músical do espectáculo, mentres que o Aser Álvarez Arraiano fai as percusións e asume o papel de ruideiro. Como decorado, poderedes ver o impresionante mural épico do Berbés que pintaron os irmaus de Diós... Hostindiós, para non perdelo nin de coña. Presenta Ricardo Losada.
quinta-feira, novembro 22, 2007
Camiñata por Bande
Este sábado, 24 de novembro imos de andaina a Bande, onde o noso alcaldable, o arqueólogo David Pérez nos ten preparado un roteiro etnográfico e cultural. A saída é ás 10 da mañá dende o alto do Iermes.
segunda-feira, novembro 12, 2007
COUSAS DE LOBOS
A primeira vez que vin un lobo, eu andaría polos 11 anos e lembro que fiquei marabillada pola estampa daquela testa ergueita, que nos fitaba orgullosa e desafiante do alto dun penedo. Aconteceu na serra do Xurés un día de xaneiro de hai algúns anos.
A miña nai, que xa vira moitos lobos antes, fitou o animal de fronte e iste, virouse e marchou sen baixar nunca cabeza. Eu tampouco tiven medo. Estaba tan abraiada, que teimei en grabar no maxín a imaxe que tiña diante sen tempo para pensar en nada máis; ben feito! porque sería esa imaxe a que dende aquela me serviría para porlle cor ás historias que se contaban no lugar, historias sobre a serra, riscos, contrabando, gardas civis, mortos, fuxidos, e por suposto, lobos. Calquera historia gañaba interés sempre e cando un lobo entrara a formar parte da acción.
Vin outros lobos dende aquela mañá de inverno. Unhas veces percorrendo co meu pai os cumios esgrevios da serra, outras, atravesando a estrada cando voltaba dunha noite de esmorga; iso sí, xa non se ven tanto coma antes, ben porque a xente xa non sobe ó monte, ben porque lles faltou alimento cando a res deixou de subir a serra e menguaran os rebaños de vacas.

O desequilibrio provocado polo home, estivo a piques de derivar na desaparición diste e doutros animais da serra do Xurés. De non ser por isto, hoxe o lobo non tería porque ser un animal protexido; as corzas reproducíríanse regularmente se non se matasen crias ou femias durante as vedas, en cazadas ilegais tácitamente sabidas e nunca denunciadas, en fin. E todo isto dende que os "novos cazadores", deixaran de practicar o deporte da caza para adicarse matar animais.
Sexa como for, o lobo segue e seguirá a ser parte imprescindible do lendario oral xuresiano, que aliás, e caixe o único de que dispomos; porén, deberiamos teimar en conservalo. Nós, que nos criamos en terra de lobos, aprendemos que o lobo só ataca cando ten fome ou cando sente ameazado o seu territorio. Isto é, se o home non invade o territorio do lobo, o lobo non invade o territorio do home. Se un dos dous incumpre a regra, entón, a loita debería ser xusta.
Mais, claro, quen se enfronta a un lobo armado cun estadullo de carro, tendo a man veleno e trampas e espingardas? Pois igualiño ca o que mata unha corza dentro da reserva para celebrar unha comedaina cos amigos. Será que levan razón as mulleres do meu lugar cando dín que xa non quedan homes coma os de antes. Saúde para o tio Eixó.
O xefe fala do garrao galego
Celebrouse por segunda vez o Curro de Domaio, que colle as bestas que andan por aquelas serras da base do Morrazo. Cando tivo lugar, a prensa, a radio e a TV a penas se referiron ao acontecemento. Para os medios de comunicación todo o que non sexa a chamada Rapa de San Lorenzo de Sabucedo non existe e, como tal, o curro vigués do Galiñeiro é pouco menos ca unha reunión clandestina. Pro ocorre que hoxe, na seu último número, unha das mellores e máis serias revistas de cabalos do Estado Español, El mundo del caballo, editada en Barcelona e dirixida polo doutor Adolf Cabané, publica un magnífico reportaxe gráfico e literario sobre o Curro de Domaio, dándolle leccións de documentación, precisión e coñecemento do asunto tratado aos periodistas que, case sempre pouco documentados desde a lonxana morte de Bene, cobren mal ou ignoran estas festas bravas da nosa Nación. Algún día as autoridades autonómicas terán que facer o católogo e o almanaque dos cen curros que cada ano se celebran en Galicia e convirten o País no territorio máis intensamente ecuestre da Península Ibérica. Xa Plino dicía que as nosas égoas empreñan do vento.Naturalmente, a revista que comentamos fala de Casas Novas e do Trofeo de Saltos de Caixa Galicia.Pero aínda hai máis mencións de Galicia nas páxinas da revista editada en Cataluña. Nunha ampla información sobre autoridade de xuíz hípico, menciónase o feito real de que o máis novo deste oficio en España é Nacho López Calvín, da Fonsagrada, precisamente especializado nas probas de marcha, andadura ou amblure, que é o aire ecuestre que Joaquín G. Troncoso, como é sabido, restaurou en Galicia equiparándonos con Islandia na práctica dunha especialidade mítica que conta cun campionato anual que cubre todo o País administrativo a aínda se extende con naturalidade á Veiga (Asturias) e a Valença do Minho. Unha reportaxe moi ben dotada graficamente visualiza e comenta o Campionato Galego de Andadura, o que nos fai pensar, máis unha vez, no feito de que cousas e riquezas culturais propias de Galicia non son debidamente nin protexidas nin incorporadas ás axendas dos medios de comunicación galegos mentres publicacións de fóra, como é El mundo del caballo, procuran a novidade, a beleza e bravura do que é noso, comprendéndoo e dando conta cabal de todo.Estivemos en Barallobre, concello de Fene, facéndolle homenaxe ao poeta Xosemaría Pérez Parallé. Leuse alí unha súa cántiga ao Curro da Capelada, que é a onde se acurran os cabalos que pacen no Ortegal, na fin do mundo de Xiao Roel: "Dende a cabana teixida/ manda o vento un asubío;/ xurde da Pena Toxosa/ un rincho longo é bravío./... / O mozo Sol, dilingueiro/ no cimo da madrugada/ acurra cabalos verdes/ na serra da Capelada/..."O día no que os poderes públicos tomen realmente en serio o cabalo PRG (Pura Raza Galega) e os seus concursos morfolóxicos, o acontemento grandioso dos curros e a práctica da andadura ou marcha, haberá que reeditar estes versos completos de Pérez Pallaré e convertelos nunha especie de himno.XLMFerrín
segunda-feira, outubro 29, 2007
O xefe fala do das dúas orellas

Sempre o lobo suscita noticias e estas decote circulan nimbadas polo mito. Infórmanme Sonsoles Cerviño e Adrian Bröking, meus amigos berlineses, que a cen quilómetros a Leste da Porta de Brandenburgo están sendo vistos os loboso. Disque veñen de Poloña, pola Grande Chaira. Non é extraño, xa que a metáfora dos lobos cincentos a correr furtivos coma os maus pensamentos aparece ben de veces no Canto do Príncipe Igor, aquela alfaia da épica medieval rusa. Velaí unha consecuencia inagardada da anexión da Alemaña democrática, da escisión das repúblicas bálticas e do derrumbamento daz URSS. Non só a corrupción, o gangsterismo e a prostitución florecen polo Leste senón que aptoveitando o desorde, "o das dúas orellas" vai calcando novos subeiros en dirección a Occidente. Bravo lobo estepario!Outra noticia de lobos chégame desde a Serra do Xurés, que a teimosía conservacionista de Reza e Vázquez vai convertir por fin no parque transfronteirizo que o PP nunca quixera por non romper España. Tiven carta de Noelia Rodríguez, forte voz poética do Xurés, na que me relata un episodio que tivo lugar alí hai uns dous meses. Ao Tío Eixó, que é un cazador oitenta e tal anos, fixéronno heroi os veciños da Serra por uns días, e a súa fazaña será relatado nos séculos por vir. Parece que lle entrara un lobo no lugar de madrugada coa intención de lle matar e levar os cans de caza. O Tío Eixó enfrentouse á fera armado cun estadullo de carro e, depois dunha dura loita, matouna. Este lobo, seguramente da estirpe do Bandua que estudaran por alí os zoólogos portugueses, non morreu atropelado na autovía por un camión, nen envelenado innobremente nun depósito de lixo, nin arrodeado por un exército en ocasión dunha batida, nin preso a treizón por cepo de ferro. Morreu loitando cara a cara cun humano desprovisto de arma de fogo e por unha razón digna: o lobo quería algo que era do home cazador e este bateuse por defender o seu. Episodio honoráble, en suma.Cóntame tamén Noelia Rodríguez, que está a preparar a edición do seu segundo libro de poesía, o que eu gosto moito, cousas relativas á memoria do urso ou oso do Xurés, animal desaparecido daquela Serra mais cuxa memoria pervive con forza na poboación. Non é para falar de osos, senón de lobos, que eu pillei hoxe o tareco de escribir. Interesa agora este dato: "Anque non se dispón (dime Noelia) de referencia escrita (ela refírese sen dúbida á parte galega do Xurés) podo confirmarlle o dato de que no Xurés se conta que o último oso foi morto a finais do século XIX no lugar que desde entón se coñece como Pala do Oso, sito na ladeira que sobe ó Altar de Cabróns". Nota: Pala é un nome prerrománico que significa algo así como "cova entre rochas" e os Cabróns do topónimo deben de referirse ás cabras ou castróns bravos que, tamén desparecidos do Xurés, foron recentemente recuperados para a fauna ceibe pola teimosía de Xosé Benito Reza.
quinta-feira, outubro 18, 2007
PROGRAMACIÓN DAS XORNADAS: “O Miño, unha corrente de memoria”
Datas: 19 e 20 de Outubro do 2007
Lugar: Goián (Tomiño). Centro Goianés e Sala Multiusos
Organiza: Comisión Cidadá pola Verdade do 36, do Baixo Miño
Programa
Día 18: 20 hs. Conferencia inaugural, “As memorias da represión”, a cargo de Manuel Loff (profesor da Universidade do Porto)
Día 19: 19 hs. Inauguración oficial. Intervencións dos representantes da Consellería de Cultura, do Concello de Tomiño, de outros Concellos convidados, e dun representante da Comisión organizadora.
19:30 hs. Mesa redonda: “Memoria e contrabando”, coa participación de Xerardo Pereiro (profesor da UTAD – Chaves), José Domíngues e Américo Rodrigues (Núcleo de Estudos e Pesquisas Laboreiro – Monçao) e Albertino Gonçalves (profesor da Universidade do Minho - Braga).
Modera, Ramón Fernández Leal, vicepresidente da Comisión Cidadá pola Verdade do 36.
21 hs. Mesa redonda: “O contrabando nas voces dos seus protagonistas”, coa presenza de tres persoas da comarca que participaron nas actividades do contrabando durante os anos da posguerra.
Modera, Rafael Martínez Calzado, membro do Consello pola Memoria.
22,30 hs. Proxección do documental “Os traballadores do contrabando”, de Victor Abundancia
Día 20: 10,30 hs. Proxección do documental “A derradeira lección do mestre”, dirixido por Xoán Carlos Garrido. A continuación coloquio co director e mais co profesor da facultade de Pedagoxía da USC, X. Manuel Malheiro.
12,00 hs. Mesa redonda “A represión sobre as mulleres”. Interveñen, Aurora Marco (profesora da USC), Marga Romero (profesora e escritora) e Carme Vidal (escritora).
Modera, Sandra González, Alcaldesa de Tomiño
17 hs. Mesa redonda “Memoria da represión en Galiza e no Baixo Miño”. Interveñen, Ángel Rodríguez Gallardo (profesor da Universidade de Vigo) e Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de Historia Contemporánea da USC e coordenador do proxecto interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”).
Modera Carlos Méixome, director do Instituto de Estudios Miñoranos.
20 hs. Clausura oficial das Xornadas, coa presenza das autoridades convidadas.
20,30 hs. Proxección do documental “O campo de concentración de Camposancos”, de Xosé Ballesta. Coloquio co director.
Durante a semana de celebración das Xornadas estará aberta ao público unha exposición sobre a Historia do contrabando elaborada polo Centro de Intervençao Cultural de Monçao.
quarta-feira, outubro 10, 2007
Presentación do Caderno Arraiano sobre Represión, Solidariedade e Resistencia Antifranquista
A Asociación Arraianos convídate á presentación da súa última novidade editorial
Libraría Couceiro (Santiago de Compostela) o xoves 25 de outubro ás 20 horas
Programa:
· Introdución a cargo de Aser Álvarez e Xoán Carlos Domínguez Alberte (coordinadores da publicación).
· Charla do historiador Dionisio Pereira.
· Recital poético de textos do libro Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo a cargo dos seus autores: María do Cebreiro, Antón L. Dobao, Francisco X. Fernández Naval, Raúl Gómez Pato, Manuel Outeiriño, Baldo Ramos.

Unha illa no mapa

Por Javier Torrente Queie
Ollando no mapa do mundo, por un capricho fuxudío, atopei a illa de Cargados Carajos no océano Índico, no arquipelago das Mauricio. Imaxinei as razóns dos mariños para lle por ese nome. Imaxinei unha viaxe longuinqua, baixo o sol queimante, á procura de terras que descobrir, lonxe da terra, co único agarimo dun copo no solpor, soportando quizabes quen sabe qué maltratos ou depois dunha galerna insufrible ou de días e días sen vento en que se pode ver a auga se evaporar do mar e tamén se pode atinxir a ver o sol todo confluíndo sulagado. Imaxinei a chegada a terra con vontade de fémea dos mariñeiros e a procura ansiosa do alivio, e os mariños a correr tra-las nativas rente as palmeiras.
¿Qué nome lle poremos á illa? – perguntaranse depois de ter consumado os alivios. Pois como o día de hoxe, Santa María. Ai pois non, dixera un, non será ese o nome, depois de ter pecado tanto. Pois coma o noso rei, Illa Filipina. Ai pois non, dixera outro, non se pode nomear co nome dun rei tan cristián unha illa onde o demo fixera tantas das súas. Bon, chamemo-la entón Nova Sagunto, pois o noso piloto é daquelas terras. Ai pois non, dixera o piloto, que a miña Sagunto é terra de bos cristiáns e fora tanta a luxuria deitada nestas areas que mellor sería a chamar Nova Gomorra.
Pois algún nome hai-de lle dar a tal illa, intervira o capitán. Illa de Santa Madalena, propuxo un. Ai pois non, rexeitou un soldado, pois non era a Santa a patroa da luxuria, senón que dela saiu pola gracia do noso Señor. Meus señores, tomara un a palabra, sabede que luxuria é pecado, e fornicio é-lo mortal, e o Santo Oficio, que hai saber gracias ao noso dominico do que aquí pasara, fara-nos un auto por termos mallado o Santo nome da Coroa. Pois como a gracia do dominico é Secundino, chamemo-la illa de San Secundino, por ver se o freire acouga e non fala. Ai pois non, dixera o contramestre, o, primeiriño para todos nós foi a caza da femea. Sabede que seremos a mofa da corte, e canto ao dominico, se non participou na cacería non foi por falla de vontade, senon de forzas, mais tamén non vos tirou un ollo por mor de ter lembranza exacta dos pecados para os contar onde mester fose.
Así, déronlle voltas ao asunto, entanto o navío estaba ancorado na rada, facendo provisión de auga, frutas e carne. Pois xa teño a solución, dixera un que era vigués. Viemos aquí cos carallos cargados, e descargamo-los abofé nesta beira. O capitán atopou que era simpático o nome de Illa dos Carallos Cargados. No nome non se dí se os carallos foran ou non descargados en terra. Ao dominico se lle mete unha serpente baixo o hábito e asunto terminado. E á volta contamos que os nativos enchen os seus taparrabos con pedras para parecer máis virís e daí o nome, e pronto. O capitán e os seus, co pretexto de facer cartografías, voltaran a terra unha derradeira vez por mor de folgar coas nativas antes de partir de novo cara o descoñecido. O coitado Frai Secundino morrera antes de chegar a Goa, polo veleno dunha serpente que seica tiña subido a bordo enroscada nunha cesta de bananas.

segunda-feira, outubro 08, 2007
O Xefe fala da Desfeita no Sul
Non hai moito que fomos ao Furriolo, que unha aldeíña e un alto próximo a Celanova onde en 1936 houbo grande carnicería de roxos. A Asociación Arraianos erixiu alí un monumento ás víctimas e, este ano, celebrouse unha concentración para inaugurar a segunda parte da obra, que é da autoría de Vizoso. Mesmo a carón do teatro de masacre levanta a súa mole o Castro do Furriolo. Este é de grandes dimensións e coido que nunca foi escavado. Ocupa unha posición de alto valor estratéxico sobre a divisoria entre o vale do Sorga, da bacia do Arnoia, a chaira lacustre da Limia e as montañas de Bande, sobre as que volveremos nesta columna. A caída do Castro do Furriolo sobre Orille ou Ourille e, en xeral, sobre a feraz terra que chamamos de Veiga, recibe o nome da Munía, o que se cadra teña algo que ver cun certo San Munio alí venerado e seica sepultado nun sartego de pedra que, se o brimos, seremos cegados por unha luz do outro mundo.O Castro do Furriolo pertence ao concello da Bola, se me non trabuco. As autoridades, segundo comprobou toda a concorrencia ao acto de homenaxe aos afusilados, cortaron as murallas do castro e a coroa en todas direccións con pistas de motocrós. En lugar de pór sinais para instruir ao viaxeiro e difundir polo mundo adiante a existencia do Castro do Furriolo, deterioráronno gravemente cunhas pistas de motocrós. Seguramente a Asociación Arraianos, que vela pola memoria histórica e pola herdanza natural daquelas terras, xa terá denunciado o atentado contra o Castro do Furriolo. Falabamos de Bande.Como saben, Bande é unha vila do Sul de Galicia por cuxo termo municipal pasa unha vía romana moi curiosa que canalizaba na Antiguidade o trasfego de persoas e mercadorías entre Braga e Astorga. Digo que é curiosa porque, polo menos en dous puntos do seu percorrido, amosa senllas acumulacións de pedras miliarias que non me podo imaxinar que utilidade poidan ter que non sexas unha especie de culto ás divinedades dos camiños. Un destes "boscos de miliarios" áchase no concello de Lobios conforme subimos polo Xurés arriba e, outra, en territorio do concello portugués de Terras de Bouro e na mítica e asolagada freguesía de Vilarinho das Furnas, na zona máis protexida (Mato da Albergaria) do Parque Nacional da Peneda-Gerês.Protexida non se atopa para nada a vía romana en territorio español e galego e dentro do concello de Bande. Ao seu paso por alí, as autoridades locais mandaron facer unha pista, desas inutiles que esgazan o noso País, destragando coas máquinas da Deputación uns importantes vestixios da Via Nova que comentamos. Logo de afear a súa vila coas construccións máis desestabeis do Sul de Galicia e de cortar os negrillos ou chopos da estrada que eran o mellor adorno da vila, as autoridades decidiron que unha calzada de época romana era prescindibel e que mellor unha pista de terra que non conduce a ningures e que forma parte do facer por facer de certos políticos para enclatrar os votantes.Galicia sigue a ser así.
quarta-feira, outubro 03, 2007
Ai meu rei!!
que ben estás dese lado da raia, na república das letras arraianas e dos feitizos medievais, onde non hai mamóns nin falta nunca o viño vello, poque o que é desta beira dos vellos marcos da fronteira vaiche un frío que nin o demo heroinómano montado nun can do laboreiro, e xa che digo meu, que non hai quen pare con este frío satánico e ácrata, un frio que asolaga este país de rumiantes, cazoletas e mamarrachadas...
xa sabes que agora no outono escasea a leña nesta nosa terra e tamén a palla centea e temos que prender a lareira coas revistas do corazón, esas da pelu da pili que levan anos atrasadas, e menuda se armou o outro día na aldea, que viñeron os antidisturbios e todo porque o milocho lle deu lume á cociña de ferro e prendeu todo cun fachuco das revistas vellas da nai e caiulle un paquete da virghen santísema abráseme visto...borbón non é sinónimo de carbón... ai se os independestistas eses se dedicaran a queimar outras cousas ben máis interesantes...
non hai casa da aldea que non estea baixo sospeita nin revista non fiscalizada, as fotos reais están nas igrexas e as rúas están tomadas pola malemérita, e eu xa empezo a pensar en accións violentas selectivas e parques temáticos da tortura e só me relaza escoitar a sade con esas bases rítmicas esa voz e eses arranxos arcanxélicos... e como sigamos así, meu rei, e sigamos con este frío e con esta parvada colectiva, de seguro que tamén acaban prohibindo a cabalgata de reis, ou poñéndolle traxes ignífugos... lembras o dos reis, non? cando te vestías de chamizo acababas cunha bimba de lincandorio quente coma un piano do 45?...
Os bombeiros xa non dan abasto e a xente, sobre todo os máis novos, xa está farta de tanta merda, de tanta foto real e irreal e de tanta monarquía sen refrendar, que seica non hai cousas máis importantes das que falar e que o que conta é roubar ben sen mirar a quen... pola miña banda, xa estou chegando a pensar cousas moi raras, venme buscar, se fas favor, ao marco 19, por onde faciamos o contrabando de troitas cando o Deva aínda era un río e o Penagache non tiña muiños de vento no backstage, venme buscar meu rei, ou fago algunha tolería das miñas, que xa me coñeces, ven meu amigo, venme salvar e lévame pró outro lado da raia, onde a república e só a república dos soños me pode salvar da esquizofrenia desta poza de auga choca...

quarta-feira, setembro 26, 2007
Viva Bande viva Bande!!
La destrucción de la Vía Nova borra dos mil años de historia en BandeLa apertura de una pista en el monte dañó el tramo mejor conservado de la ruta romana en este municipio
El Concello de Bande ha permitido la destrucción del tramo mejor conservado de la Vía Nova, que aparece como Vía XVIII en el Itinerario de Antonino, a su paso por este municipio de la Baixa Limia. Moderna maquinaria abrió una pista siguiendo el trazado de la vía romana entre los pueblos de Güín y Ponte Liñares. El tramo tiene un kilómetro y medio. Las excavadoras se llevaron por delante lo que quedaba de la ruta bimilenaria que es el monumento antiguo más importante de la provincia de Ourense, pues la atraviesa procedente de Braga (Portugal) para salir por Valdeorras hacia Astorga.
La voz de alarma fue dada por el arqueólogo David Pérez, que hace unos días fue a ver el tramo, porque en octubre está previsto que sea visitado por los participantes del simposio sobre los 30 años de actividad arqueológica de Aquis Querquennis, el famoso campamento romano de Bande.
La vía pasa por Bande con sus pendientes ligeras y se usó como camino medieval. «Coas máquinas estragouse o trazado orixinal da vía e escavouse no sustrato, cortaron a caixa da vía e foi unha agresión que a afectou moito», lamenta Pérez.
Lo curioso es que la pista, además de atentar gravemente contra la ruta romana, sirve de poco porque está llena de vegetación entre silvas y helechos y hasta tiene un foso provocado por el agua. Al lado de esta desafortunada acción pasa la carretera y aún hay otra pista, por lo que la nueva no tiene mucha razón de ser.
La Vía Nova es uno de los monumentos de la Antigüedad más importantes de Galicia. Acaban de ser borrados dos mil años de historia irrecuperables.
La vía fue inaugurada en el año 79 u 80 de nuestra era, según varios miliarios dedicados al emperador Tito y a su hermano Domiciano. Su densidad en monumentos epigráficos quizás sea la mayor de todo el Imperio. Entre Braga y Astorga su longitud era entre 215 millas romanas. Por sí misma es una obra de ingeniería avanzada en su época, pues roza el terreno casi sutilmente. Otra de sus obras más sobresalientes conservada es Ponte Bibei.
Las obras de la pista se hicieron en el entorno de las pasadas elecciones municipales, cuando era alcaldesa Ana Belén Vázquez, quien como diputada en el Congreso pidió hace unos días que la Vía Nova sea declarada patrimonio de la humanidad, algo que cada vez parece más lejano.

segunda-feira, setembro 17, 2007
Os Arraianos na Casa de Curros
De esquerda a dereita, XL Méndez Ferrín, Aser Álvarez, Arturo Pérez e XC Domínguez Alberte. E entre o numeroso público que ateigou como nunca a Casa de Curros, Xosé Manuel Beiras, Xosé Vizoso, Xan Torres, Acisclo Manzano, varios descendentes de Celso de Poulo e de Conde Corbal, e moitos veciños da vila.
A videocreación de Xudit Casas, "Noutrora" foi o mellor remate posible para o acto.
segunda-feira, setembro 10, 2007
Nada é o que parece
Pois non, amigos arraianos, nada é o que semella ser... Mentres Celanova morre de noxo cando se mira no espello, milleiros de internautas descargan "Nada es lo que parece" unha ciberserie nacida na vila. Si, si, o que oides... Con 19 anos e sen experiencia no mundo audiovisual, Bruno Nieto, conseguiu que, a través da rede, o que ideou coma un proxecto persoal e un divertimento cos colegas se teña convertido nunha ’ciberserie’ que xa anda perto das 10.000 descargas. Escenarios de Celanova, Vilanova dos Infantes ou Bande e actores da terra protagonizan a serie, unha producción audiovisual de 10 capítulos que podemos ver en YouTube. O 15 de setembro poderemos ver o derradeiro capítulo desta serie. Máis información en http://www.nadaesloqueparece.es.kz/ Parabéns, amigos
quarta-feira, setembro 05, 2007
Alto do Furriolo

Na memoria de Celso de Poulo, alcalde de Gomesende asasinado polos fascistas en 1936.
In memoriam de todos os que tamén foron asasinados polos mesmos falanxistas.
Eu eiquí
Outo Alto do Furriolo
Ao que nunca viñen
E tantas veces estiven
Nesta miña maldita memoria.
Nacín cando naceron os mortos
Ningún de anónimo nome
Como eles asasinados polos fascistas
Que quixeron borrar esquecer os herdeiros
Esluílos
Esmorecelos
Pra faceren vodas en sangue das vítimas
Cos herdeiros dos verdugos.
Hai que esquecer
Proclaman nun arrouto arrebato
De cinismo en hipócrita piedade.
Maldita sexa a besta
Que sementou terror morte
No ermo deste alto ermo
Arestora que con amarguexo recordamos
Para non celebrar
Como aínda celebran eles nas fábricas relixiosas
Un oprobio de cárceres
Dende Celanova por Entrimo e non alá de Ourense
Alto outo do corazón que feridas voces
Escribiron e cantan Furriolo...
Onde hai que sementen ña nai
O teu loito no vencido ventre do teu martirio
Onde ña nai?
As claudias levadas e levados
Con arames as maus atadas
E os puños ergueitos prohibidos
Por diciren Republica Nación Galicia
Frente Popular
E por iso foron asasinados no empardecido deste alto
Cando atarde caía horizontal lousa pedra
Nas abas en memoria dos planaltos
Soterrados en foxas gabias
As cunetas que estremeceran a Pimentel,
Arraianos da dúbida
En cántiga de morte
Que arraianos somos todos
Do Lugo Vigo da miña infancia
Do Courel de Rairos a Queiroga
Polas pontes da dor
Que nos fixeron calar silenciar
Canto silenzo estremecido ña nai!
Do Entrimo que digo
Á parte que sei
E non por desmemoria
Que agora escribo Galicia ceibe
Pobo libre en República Popular
Nada hai de desquite
Senón recordar ao mortos
Que sempre han ser da nosa nación.

Poema lido por Manuel Vidal Villaverde no Alto do Furriolo o 26 agosto de 2007
segunda-feira, setembro 03, 2007
O Xefe Arraiano fai acusación privada
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN
De todos os mortos no Furriolo polo fascismo a raiz de os militares se alzaren en 1936, eu reteño un. Antonio Piñeiro achou no concello da Bola a documentación legal do levantamento dun cadáver. Indivíduo anónimo, aparecido morto no alto do Furriolo, de vinte e tantos anos de idade. Parte da cara do cadáver aparece devorada sexa polos lobos sexa por cans. Doutros fusilados no Furriolo coñecemos os nomes e os apelidos. O pasado domingo volvemos subir ao alto do Furriolo, no camiño de Celanova a Xinzo, para lles render a todos homenaxe. Falaron, polos mortos recoñecidos, un fillo de Celso de Poulo, alcalde do FP de Gomesende, e un neto de César Álvarez, tamén víctima relevante nos días da República. Manuel Outeiriño levou alí as súas e as verbas de Unguaretti dedicadas aos camaradas da Resistencia italiana. Vidal Villaverde puxo a señardade no puño, que dixera Cribeiro, con palabras de seu. Alguén lembrou o mozo anónimo ao cal os lobos lle levaran media cara naquel monte lonxe do mundo.Como a prensa estaba moi ocupada en remexer no lixo por se se encontraban restos do Himno Galego, non se ocupou demasiado do acto do Furriolo. Segue a lei do silencio en vigor. Por iso eu estou a informar. Os promotores do acto en memoranza dos fusilados do Furriolo foron os da Asociación Arraianos, que dirixe Aser Álvarez. O día anterior presentaran na Casa de Curros Enríquez, Celanova, un extraordinario do Cuaderno Arraiano que recolle estudos históricos, todos potentes e reveladores, sobre diversos aspectos da masacre de 1936 e seguintes. Cada vez sabemos máis sobre aqueles anos negros e ímonos decatando de que o volume da represión franquista foi aínda maior do que pensabamos.Como lembrarán algúns, hai un ano inaugurouse no alto do Furriolo un monumento de Xosé Vizoso, artista de Mondoñedo, en honor aos mortos naquel e noutros sitios. Domingo antepasado completouse a obra coas imaxes recortadas en ferro que poderán ser vistas desde a estrada polos viaxeiros. Logo poñeranse indicadores en todas as rotas que levan ao Furriolo. Non sei se para o acto, mans anónimas cubriron de flor fresca un vello cruceiro que alí o está en lembranza quizais de desgrazas moi anteriores no tempo, e acenderon candeas.Ao rematar o acto, comprobamos abraiados que o Castro do Furriolo ou da Munía, a carón do que se sitúa o teatro dos crimes políticos, está a ser desgrazado para facer alí un circuito de motocross. Seica o Concello da Bola (BNG) decidiu este aproveitamento que destrúe en boa parte un importante monumento da cultura galaica prerromana, ou da civilización céltica de Galicia -como falaba Cuevillas e ordeno eu de falar agora. O Castro do Furriolo foi maior en poboación e en superficie habitada ca o Castro Mau e servía para controlar o límite da depresión e vale do Arnoia/ Sorga coa chaira lacustre que chamamos A Limia, que só hai unha. Moi lonxe, o índice do Penegache e, entre o azul distante, os lombos de Avión eran testemuñas do atentado á herdanza arqueolóxica. Quixen ser cronista, insisto.

No Furriolo
Subscrever:
Mensagens (Atom)