Unha sesta de Leiro no metro de Nova Iorque dá para moito... E dous anos observando o traballo e o proceso creativo deste artista, quen é un "sobrevivinte dun xeito de facer escultura que xa case non existe", como asegura Txomin Badiola neste documental rodado entre Cambados, Madrid e Nova Iorque, dan para moito máis.
Esta experiencia única é a materia prima fundamental da longametraxe documental, dirixida por Aser Álvarez, que Arraianos Multimedia vai estrear ao longo do 2016. Foi un proceso longo e intenso de procura e indagación, mais agora podemos asegurar que temos algo moi potente entre mans. E non as tiñamos todas con nós cando principiamos este proceso...

"Sísifo Confuso (Traballos e días de Francisco Leiro)" vai ser o título deste traballo audiovisual, no que tamén colaboran Pasoancho Producións e Sintagma Films. Pero todo o lío comezou hai tres anos, cando puxemos a Leiro a ler un poema de Celso Emilio Ferreiro diante da cámara, para o documental de Arraianos para TVG, "100% CEF. Celso Emilio Ferreiro" .
Aquilo foi unha especie de revelación. Dixemos. Se fomos quen de convencer a Leiro para facer algo así, tamén podemos convencelo para que nos deixe velo traballar e gravalo. Nunca ninguén o fixera antes. Custounos convencelo, mais pagou a pena. Un luxo para nós e para todos os que van poder ver este novo traballo audiovisual de Aser Álvarez. Deste proceso xa deron conta algúns medios de prensa nacional e de Galicia, radio e televisión.

E así foi como iniciamos unha investigación audiovisual, xa vai para máis de dous anos, sobre as condicións físicas e mentais do traballo de Leiro na actualidade, entre Cambados, Madrid e Nova Iorque. Non sabíamos moi ben que ía dar de si a cousa. Foi un proceso alucinante, mais tamén duro, intenso e moi sorprendente. E agora dá algo de vertixe porque hai que estar á altura deste artista, un home tan potente, sensible e rotundo coma a súa escultura. E moi esixente...
Neste Nadal, imos presentarvos eiquí un petisco de Sísifo Confuso... a ver se vos agrada...