Con eses vellos zapatos quixemos camiñar, e non un, se non milleiros de quilómetros, a través dos lugares nos que Camba vivíu e traballou, para tratar de descubrir o seu segredo, a través da creación dun documental biográfico, cuxo avance vos deixamos aquí hoxe como aperitivo para ir abrindo boca. Bo proveito, arraian@s do mundo...
Así que seguimos viaxando dentro dos zapatos de Camba durante o proceso creativo dun documental que en breve ides poder ver para saber máis cousas sobre este xenial escritor tan galego coma cosmopolita e universal. Un documental que imos facer sen sair da súa bañeira, onde todos os días tomaba un baño para comezar o día...