O IES Rosalía de Castro acolleu o acto de entrega de premios do II Certame de Escolar Podcast Xosé Mosquera Pérez "O Vello dos Contos", un evento co que queremos fomentar a creatividade e lembrar a unha figura esencial do galeguismo, quen chegou a ser a primeira estrela mediática de Galicia, cando creou o popular persoeiro do "Vello dos Contos" en 1933 para espallar a ideoloxía galeguista a través dos micrófonos da emisora decana da radio no noso país, EAJ 4 Unión Radio Galicia de Santiago de Compostela.
Na foto superior están os premiados e abaixo, a filla de Xosé Mosquera, Loliña Mosquera, que recibíu neste acto unha das obras de arte inspiradas no persoeiro creado por seu pai e realizadas polo alumnado de escultura da EASD Mestre Mateo de Santiago, que colabora neste evento cuxos traballos gañadores podedes escoitar neste enlace da nosa web.
Nesta información de La Voz de Galicia podes consultar os traballos premiados. Grazas a todos os participantes, alumnado e profesorado, aos colaboradores e a todas as persoas que nos axudan a organizar este importante evento que promociona o uso do galego, das novas teconoloxías no eido educativo, promovendo a práctica da oralidade e a innovación pedagóxica co podcast como ferramenta.