Arraianos do mundo, Agosto vai vir cargado de boas novas. Tralo noso paso, na primeira semana do mes vindeiro, por un dos mellores festivais de documentais do mundo Arraiano, o festival Filmes do Homem de Melgaço, onde imos colaborar na organización do Encontro Arraiano de Cinema, ao que por suposto estades tod@s convidad@s, imos celebrar, os días 9, 10 e 11 de agosto, os I Encontros Arraianos de Cinema Rural de Entrimo (Ourense). E isto só na primeira metade do mes...
Deixámosvos eiquí un pequeno avance da programación para que vaiades reservando un oco imprescindible entre festas, praias, andainas, bimbas e contubernios varios...
I Encontros Arraianos de Cine Rural de Entrimo
Mércores, 9 de agosto de 2017.
20 horas. Casa da Cultura de Entrimo.
Presentación e proxección do documental “100% Celso Emilio Ferreiro”, de Aser Alvarez.
Xoves, 10 de agosto de 2017
19:30 horas. Casa do Concello. Terrachán. Entrimo.
Acto de nomeamento Arraiano Maior 2017 por parte da Asociación Cultural, Ecoloxista e de Desenvolvemento Rural Arraianos a Paula Godinho (individual) e Ao Norte (colectivo). Entrega de diplomas e actuación musical dos Rampeiros.
20:30 horas. Casa da Cultura de Entrimo.
Presentación do libro “Arraiano entre Arraianos”, de Xosé Luís Méndez Ferrín.
22:00 horas. Campo da Feira da Terrachán. Cine ao aire libre.
Presentación e estrea internacional no Val do Limia do documental “Cesteando”, de Plácido Romero, coa actuación dos Rampeiros e a participación do director e protagonista.
Venres, 11 de agosto de 2017.

Sesión do Cineclub Carlos Velo, coa proxección das curtametraxes gañadores das últimas edicións do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo.

Pases especiais das curtametraxes de Arraianos Producións, “Fronteiras de enerxía
animal” e “Carlos Velo en México”.