Este microdocumental, realizado por Plácido Romero e Aser Álvarez, acaba de obter un premio especial do xurado no Minidoc, un festival de documentais etnográficos organizado pola Fundación Carmen Arnau, de Toledo. Noraboa aos Arraianos por este traballo onde se recollen algúns dos aspectos tratados no II Congreso
Transfronterizo de Tracción Animal, celebrado na Bola e Celanova, en
Ourense, e no Castro Leboreiro, en Portugal. O vindeiro día 7 de novembro, os directores viaxarán a Toledo para recoller esta mención especial para o minidocumental "Traballo animal".
quarta-feira, outubro 22, 2014
quarta-feira, outubro 15, 2014
Celanova é audioINvisual
Hoxe deixámosvos unha pequena mostra do que é a enerxía criativa dun lugar onde o mundo se chama Celanova. Este delicioso traballo de Xudit Casas é unha curtametraxe documental realizada para o II Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural, que se celebrou en Celanova no mes pasado e onde tamén participamos os de Arraianos e Aquela Celanova, cunha sesión de espiritismo práctico, na Praza do Millo, ao carón da Taberna do Galo, entre licandorios e mámoas.
Somos unha potencia ou padecemos algunha doenza (individual e colectiva?. O futuro é prometedor, aínda que ás veces non o pareza... Adiante Ateneo de Celanova!!
Fe de ratas. O tipo das gafas de sol (uns óculos vilmente introducidos pola directora para desprestixiar ao entrevistado, cunha escura ferramenta de posprodución) e que fala a diorbenditodemildemos non quería dicir "contra o entorno" senón, "a pesares do entorno".
Polo demáis, desfrutade deste estupendo vídeo, onde poderedes comprobar que Celanova é audiovisual
Subscrever:
Mensagens (Atom)