terça-feira, março 28, 2006
De Carrís e Sombras... Borrando Fronteiras
...e, como xa sabe toda a xentiña boa e xenerosa, dende aquel día da Nevosa non paramos de borrar a Raia; o noso grupo anda na parte que parece mais difícil, a dos territorios quebrados e indómitos das montañas, ui as montañas!, pero que na verdade é a mais doada de borrar porque os homes e a natureza que a habitan nunca souberon dela ou nunca a tomaron en serio, mais ben é unha raia retranqueira!...coma o vento que sube e baixa, que corre ora cara acá ora cara alá, os homes e a natureza destas serras nunca viron raia por ningures e cando, por mor das fantasías demenciais daqueles que se dín mais sensatos, tiveron que asumir a imposición dunha fronteira fixérono sempre cun desexo do demo de avantala.
Pois é, velaí vai a tropa Xurés arriba buscando o alto para ourear en terra de ninguén e de todos, como fan esas vacas-vaquiñas da serra cando nos suores do verao soben buscar o fresco nas ourelas venteadas dos cumios; subimos por ese val do río Homem que riscou o xeo do fermoso glaciar que miraba ao mar da vella Galiza bracarense, paseamos e oureamos nas alturas dos vellos mineríos dos Carrís e das Sombras, lugares onde moitos soñaron unha mellor vida ripando da terra o mineral que os homes malos precisaban para a guerra dos seus soños, soños imposibles tornados pesadelos e que tampouco teñen fronteiras coma todas as dores do mundo e coma todas as miserias.
E baixamos por ese val do Río Vilameá que riscou o xeo do fermoso glaciar que miraba ao corazón da nosa Galiza orfa...E colleunos a noite, como collía aos pigureiros co gado no monte, como (a)collía aos contrabandistas monte fora en fuxida-libre das fames, como (a)collía aos fuxidos do fascio e lles daba unha noite máis de vida. Unha cervexa fría e unha cea entre amigos á lareira na casa abrigo do Pisco valeunos para saber certo que o que estabamos facendo non era un soño, que cando saimos por esa terra vereada era certo que estabamos borrando fronteiras. Terémosvos ao tanto dos novos anacos de raia que vaian desaparecendo. Até á próxima.
As "Vias do Imperio" arraiano
Para arraianos con inquietudes históricas, facémonos eco do Coloquio Internacional que se celebrará do vindeiro 30 de marzo ó 1° de abril nos concellos de Terras de Bouro -vila do Gerês- e Lobios, baixo o reclamo "Vías do Imperio".
O tema central diste congreso será a Via Nova, -Geira, para os veciños lusos-, que une Bracara Augusta(Braga) con Asturica Augusta (Astorga), a máis moderna e máis curta das catro vías que coexistiron en tempos do Imperio Romano, e que atravesa a raia a altura da Portela d'Home. Pero os datos de carácter histórico ímosllos deixar mís ben aos expertos que debatirán no devandito congreso, pois entre os ponentes estarán entre outros: Antonio Rodríguez Colmenero, catedrático da USC e descubridor do campamento romano Aquis Querquennis na beira do Riocaldo, Jorge Alarcão, profesor da Universidade de Coimbra ou Francisco Fariña Busto, Director do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Quedades informados, pois, sobre iste novo acontecemento arraiano. Atoparedes mais información no site oficial da Cámara de Terras de Bouro:
http://www.cm-terrasdebouro.pt/06noticias/noticias/principal.asp?numn2=601&categoria=Eventos&numnot=229
ou entón, dirixíndovos ó e-mail:
geira@cm-terrasdebouro.mail.pt

segunda-feira, março 27, 2006
SOS Dous bandidos perdidos no Xurés
A cousa puido ser moito peor...
Xúroche que vimos a cabeza dun lobo relambéndose por tras dunha peneda... e resultou ser unha xesta azoutada polo vento; escoitamos polo GPS as voces ancestrais do principio do mundo, dicíndonos que a noite nos quería bravos e sen teito, rodeados do neboeiro da morte, vento e chuvia reconfortantes e os buxatos rindo de nós...
Imaxínanos, que par de bandidos!!... querendo seguir a raia seca polos curutos esgrevios do Xurés, e cos marcos da fronteira a dar chimpos corga abaixo; soñando coma dous parvos con adivinar as coordenadas exactas da nosa posición na serra, cando o mapa se revirou e nos fixo a puñeta con estilo esborrallandose nunha bola de papel mollado e ilexible. De verdade!! Incluso nós estivemos a piques de ser borrados do mapa, cando a sensación de absoluta perda nos enganchou coas súas poutas de lobo polo pescozo de collóns cruzados.
Non puidemos nin voltar sobre os nosos pasos, e tivemos que meter monte abaixo por unha bimbarreira entre d√∫as corgas. Seica hai que perderse totalmente para recuperarse totalmente...
De onde vimos?, Onde vamos?, Quen somos?. Xúroche que a certidume só nos deixaba respostar a terceira cuestión: somos dous toliños na procura de aventura o día menos indicado. Nas outras dúas cuestións non había acordo posible... Igual foi por iso que nos abrazamos coma dous meniños cando por fin alviscamos a chairada de Pradoseco.

Subscrever:
Mensagens (Atom)