PROGRAMA ARRAIANO MAIOR DA RAIA SECA 2011
Sábado, 20 agosto de 2011. ENTRIMO
10:00 h. Encontro na igrexa de Santa María a Real, Terrachán (Entrimo).
Lectura do manifesto arraiano.
10:30 h. Comezo dunha visita guiada á igrexa. Ao rematar degustaremos uns doces na alameda da Terrachán.
Música e lectura de poemas.
11:00-13:30 h. Subida en autocar ata Queguas para facer para facer a ruta de sendeirismo (guiada) que ten habilitada o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, onde ollaremos “Os Carríns” construccións que servían para aloxar o gando, e visitaremos As Cortes da Carballeira e a Casa da Moura (impresionante monumento megalítico), ademáis gozaremos coas vistas panorámicas da Serra do Leboreiro, Serra do Quinxo, Santa Eufemia e o Xurés. Cun pouco de sorte atoparémonos con cabalos da raza “garrana” e tamén con gando “cacheno”.
Música e lectura de poemas.
14:00 h. Xantar no restaurante Barcelona. Para participar na comida haberá que anotarse previamente.
PARA ANOTARSE NO XANTAR:
Hai que comunicalo por correo electrónico (xesusdiaz@gmail.com) ata o día 16 de agosto, e facer o ingreso de 20 euros no número de conta: 2080 0329 31 0040005303, concepto: xantar arraianos.
18:00 h. Subiremos ao Pedreiriño para proceder o nomeamento de Bento Gonçalves da Cruz como Arraiano Maior da Raia Seca do ano 2011, a cargo do Arraiano Maior do ano anterior, Padre Fontes.
O horario do programa é pola hora local española.
Recomendamos levar auga, e ir provistos de protección solar e algo para cubri-la cabeza.
Organiza: ARRAIANOS
www.arraianos.com
http://cadernoarraiano.blogspot.com