terça-feira, abril 27, 2010

Velas a Santiago

Acabamos de poñerlle unha vela a Santiago Apóstolo en mivela.com para pedirlle algo de paciencia na vida en xeral e un enorme éxito editorial co noso próximo número de ARRAIANOS NAS FRONTEIRAS, cousa que non sería moi necesaria. Así dá gusto ter fe, incluso na tecnoloxía. E por rexistrarnos tivemos unha vela gratis. Esa si que foi boa. Que como podedes facer? É moi sinxelo. Envía un sms de amén 1,39 oureos ao 25000 con mivelasantiago01cebedeoaquiestoyaquitespero, e listo. Tamén podes chamar a un 905 e teclear o código segredo 01 e listo, previo pago de 1,91 ouriños. Vamos, que o que non o fai é porque non quere, con estas facilidades non hai vela que se resista nin vento que a apague. Amén.

segunda-feira, abril 26, 2010

É preciso ter moito coidado con estes arraianos...

pois andan a argallar un novo número da revista esa de marras que sacan para escarnio dalgúns... e xa van polo número oito estes fodidos arraianos!! Dentro de poucas semanas, nos andeis das mellores librarías do país: ARRAIANOS NAS FRONTEIRAS
seguiremos informando e adiantando algúns contidos piratedos, a pesares de ter sido ciber atacados por un octopus xigante que nos tivo este caderno arraiano paralizado durante uns par de séculos. De todos xeitos, neste tempo tampouco aconteceron demasiadas cousas no mundo dignas de mención... ou si??