segunda-feira, março 15, 2010

Nos 25 anos do premio Europa Nostra

O instituto de Celanova organizou unhas xornadas conmemorativas dos 25 anos do Premio Europa Nostra para a rehabilitación do mosteiro para habilitalo como instituto. Damos conta dalgunhas novas sobre este asunto saídas na prensa esta fin de semana, coincidindo coa clausura das xornadas, que contaron coa presenza en Celanova do arquitecto que fixo a rehabilitación, Emilio Fonseca Moretón. Nun salón de actos eteigado de xente, Fonseca, Ferrín, Reza e a directora do IES, defenderon o uso público deste espazo como centro educativo.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/03/14/mendez-ferrin-apoya-mantener-ies-celanova-monasterio/420045.html

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/03/14/0003_8354379.htm