quinta-feira, setembro 16, 2010

Sobre a raia, sobre a linde, sobre a fronteira

Arraianos VIII (Vivir na raia) Director, Aser Álvarez, coord., Suso Díaz e Aser Álvarez, Asociación Arraianos, Alvarellos Editora, 2010, 291 páxs. 10 €


JOSÉ MIGUEL GIRÁLDEZ


 TRAXECTORIA DA REVISTA
, que, neste mes de setembro de 2010 alcanza o número VIII, é extraordinaria. A súa calidade, tamén. Estamos ante unha cuidadísima publicación, como xa demostrou en números anteriores que, para empezar, merecería moita máis atención da que xa ten. Arraianos é unha revista cultural, humana, antropolóxica, xeográfica, etnográfica, sociolóxica, o que se queira. E é unha revista emotiva. Rigorosa, pero emotiva. Busca a empatía co lector desde a primeira páxina, a pesar da diversidade dos artigos que a compoñen, o que a converte nun exemplar riquísimo, cheo de miradas, de celebración dos lugares e as cousas, de paixón polo local e o universal. A revista rezuma xusto iso: paixón pola vida, pola enerxía poderosa que brota da fronteira. Rezuma desexos profundos de conservar o que nos fixo como somos e de evolucionar para seguir sendo, desexos profundos de saltar a ambos os dous lados do mítico espazo da raia, de explicar o contido dese espazo aos que aínda non comprenderon que a maxia sempre acontece no límite. É tempo de celebrar a periferia. Escribino nalgunha outra parte, e escríboo agora. Díxeno para Irlanda, e dígoo para nós. Como en Irlanda. É tempo de celebrar esta nova centralidade rica e construtiva que é a periferia. O interesante está nos límites. O que o futuro nos ofrece está aí, no comezo do océano, na raia que baixa acompañada da enerxía secular do Miño, a raia que une e divide, o espazo mestizo, o lugar de encontro e de separación.
Basta con ler o editorial deste número de Arraianos, fermosamente escrito, para comprender o significado de tan emblemático territorio. Velaquí un fragmento revelador: "Imos na procura de ese taoísmo que nos fai lembrar unha vez máis que é precisamente no límite onde sempre acontece todo o interesante. Porque para nós as fronteiras políticas nunca foron nin serán liñas divisorias trazadas sobre os mapas, senón raias, espazos porosos e permeables, onde non teñen cabida as barreiras artificiais que cada día ignoran as aguias, os garraos e os lobos arraianos. As fronteiras están na terra e nos mapas, pero máis aínda na mente de que as constrúe e asume como propias". O inmenso gozo que supón avanzar polas páxinas desta excelente revista iníciase, como non, con Xosé Luís Méndez Ferrin, e o seu artigo sobre "arraianos, raianos e raiotos". A partir de aí comeza un caudaloso río de sabedoría e emocións que nos leva a lombos dos ríos e os montes, a reserva do Gerés-Xurés, a literatura e a fronteira, as relacións entre Galicia e Portugal, os camiños portugueses, os arraianos de todo tipo e condición, os festivais da raia, ou o camiño xacobeo Miñoto Ribeiro. A revista complétase con varias páxinas dedicadas á creación e á crítica e está ilustrado polo fotógrafo estremeño Antonio Covarsi. Excelente número, excelente publicación.


El octavo número de «Arraianos» incluye reportajes sobre el megalitismo y el lobo en la «raia»

Alvarellos Editora ha puesto en las librerías un nuevo número de la revista Arraianos. El octavo volumen de esta publicación de carácter anual lleva por título Vivir na raia y en 191 páginas incluye la participación de cerca de 70 colaboradores. Un artículo de Xosé Luís Méndez Ferrín, titulado Arraianos, raianos e raiotos, abre la publicación y la serie de artículos relacionados con el espacio de referencia entre Ourense y Portugal. Colaboraciones de Juan J. Moralejo, sobre el río Deva, de Pedro Alonso -titulada Lobos gardiáns da Raia-, Miguel Dantas da Gama, acerca del regreso de la cabra montesa a la zona del Xurés-Gêres, o de Xosé Benito Reza sobre la declaración del parque natural raiano como «Reserva da biosfera» figuran en la obra.

Arraianos también incluye un reportaje gráfico de Iván Nespereira sobre A chega de bois, un trabajo del arqueólogo José María Eguileta Franco sobre Megálitos na raia seca o una colaboración firmada por Álvaro Xosé López Mira y Enrique José Varela Álvarez centrada en A realidade das relacións entre Galicia e Portugal. Entre los contenidos de la octava revista «arraiana» figuran una entrevista con el músico Carlos Núñez en relación a su último trabajo, varios reportajes sobre los montes Laboreiro o la información de citas puntuales como el nombramiento de Xosé Luís Méndez Ferrín, como «Arraiano maior da raia seca».

Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro e presentación da revista Arraianos

O pasado 29 de agosto os Arraianos novamente homenaxeamos a Celso Emilio Ferreiro. Trinta e un anos despois da súa desarapación, o lume segue a arder do mesmo xeito.





Tamén aproveitamos para presentar o noso número VIII da revista Arraianos que nesta ocasión leva o título de "Vivir na raia", no mesmo escenario que cando presentamos o primeiro.