quarta-feira, maio 28, 2008

O xefe recibe o Premio Nacional de Literatura


Vaian dende eiquí os nosos parabéns para o xefe e as nosas felicitacións tamén para o xurado destes premios, polo seu bo criterio nesta categría. Premio ao Ferrín narrador, ao Ferrín poeta e ao Ferrín, voz crítica e insubornábel. Como queira que esta é a primeira vez que se entregan os galardóns, e que o outorgado a Ferrín homenaxea cincuenta anos de produción, pódese entender que a cultura galega o condecora deste xeito como o seu máis importante autor vivo.
O xurado destaca que Ferrín protagoniza o cambio de rumbo estético das nosas letras nas décadas dos sesenta e os setenta, e valora igualmente o forte compromiso político da súa obra narrativa e poética.
Dáse a circunstancia de que hai unhas semanas Méndez Ferrín criticou publicamente algúns aspectos da organización dos Premios Nacionais de Cultura, dos que dicía "amosan a mentalidade colonizada de que falamos pesia ao inequívoco adxectivo de Nacionais". En concreto, o autor esixía que se crease un galardón para cada xénero literario, como de feito sucede nos premios estatais de cultura entregados polo Ministerio, e que se equiparase a contía económica dos galegos (15 mil euros cada un) cos españois (20 mil en cada categoría).

2 comentários:

Anónimo disse...

Seica lles foi bo o responso!!

Anónimo disse...

Parabéns ao Xefe dende eiquí