segunda-feira, junho 25, 2007

Vexo Vigo, Vigo Beat

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIAcomprácese en convidalo/a ao acto literario-musical de presentación do libro FÓRA DO SAGRADO de Anxo Angueira.
O acto, que contará coa intervención de X. L. Méndez Ferrín,co recitado de Anxo Angueira acompañado musicalmente de Leo e Arremecághona e Aser Álvarez e coa intervención plástica de Xosé Luís de Dios e Xoán Carlos de Dios,terá lugar o mércores, 27 de xuño, ás 20,00 horas no Salón de Actos do Instituto Santa Irene de Vigo. Este novo poemario de Anxo Angueira é un canto centrado en Vigo, na persoalfisionomía da cidade, na súa capitalidade cultural, literaria e política arespecto de Galicia. Enxurrada onomástica que escolle a propia palabra Vigocomo centro dun remuíño, e que especialmente se refire a nomes de persoas damemoria política do autor; o texto é un único poema en que se dilata e sefragmenta, se prende e se leixa, se fía e desenfía arredor de Vigo. Arredor dosmúltiples Vigo, pois “Fóra do sagrado” fálanos dun Vigo que, a pesar da súacentralidade, resulta moitas veces contracanónico, arraiano, exterior, maldito,irredutible. E fálanos de Vesteiro Torres e Martín Códax, de Lavadores e doBerbés, dun Vigo de Rosalía de Castro e de Rotbaf Luden, do 36 e do 72, deBembrive e de Príncipe, o Vigo dos trasantlánticos e o dos cabalos bravos doGaliñeiro. En definitiva, Vigo asalta o papel protagonista que para o autormerece na paisaxe literaria de Galicia.

2 comentários:

Anónimo disse...

Agora vexo quen foi o encargado do beat, do swing, das campás, do altofalante (necesario para poder estar á altura da voz do anxo). Unha saúda e unha noraboa ben grande. Salut.

Anónimo disse...

beizón,pero nunca serei quen de estar áaltura do xefe lobo angueira