terça-feira, junho 12, 2007

San Xoan Arraiano

Adxuntamos programa do SAN XOAN ARRAIANO que se vai perpetrar en Celanova o 23 e 24 de Xuño de 2007
Día 23:
Ás 18 horas haberá reparto de acreditacións e entrega de documentación na Praza Maior, seguida dunha visita guiada á Capela de San Miguel e un acto litúrxico paghano, seguido dunha pausa para o sagrado licor café e visita a Vilanova dos Infantes con cata de diversos caldos e licandorios profanos
Cando se poida desenredar o choio dos caldos, haberá churrascada e sardiñada, seguida de lume purificador e resaca sagrada
Día 24:
Lavado de cara e colloadas con auga de rosas e herbas de San Xoán
Sobre as 12 da mañá vanse arranxar os desperfectos da noite anterior e o que deba, pedirálle desculpas a quen corresponda
Tres afamadas Pitonisas farán a predicción anual a quen queira polo rito da leitura da clara de ovo
Despedida até o ano que ven
Notas:
Todos os actos estarán amenizados polo grupo “ Os Lóstregos da Raia “ e a charanga
“ Que ven o Lobo “, e ademáis está coprometida a asistencia dun gaiteiro de renome,
e un afamado cantante de Moaña.
O cuota por articipante se estima nuns quince eurs por persoa incluindo o custo dun
manto para a Virxe do Cristal e algo de dinamita para un temiña
Prégase confirmar con antelación a asistencia para calcular as sardiñas, churrasco,
viño e aloxamento
Vai vir o Pío, ainda que non saberá nada até o mesmo dia, en previsión de posibles
actos de boicot
O que queira saber futuro deberá traer o seu ovo con clara

2 comentários:

Anónimo disse...

Quen me dera apuntarme e pór algo de dinamita nese San Xoán Arraiano! Menos mal que o que facemos no valo de Manselle, sen ser arrraiano, é dos menos convencionais. Ouveos. Anxo.

Anónimo disse...

Seica tamén vai andar o lobo Angueira polo norte do país, no acto de entrega dos premios Roberto Vidal Bolaño.

Mágoa non poder estar por alí a ouvearche de xeito arraiano, pero igual hai que deixarse ver un día destes polo valo de Manselle para argallar algunha escaramuza proletaria.