Estamos a celebrar o centenario de Xosé Velo Mosquera (Celanova, 1916). Pepe Velo fai cen anos e goza de moi boa saúde. Por iso a Comisión Pro Centenario de Xosé Velo celebra este venres, 22 de xaneiro, no Museo do Pobo Galego, ás 17:30, a presentación das actividades que os colectivos e institucións representadas nesta Comisión van celebrar en 2016 para divulgar a vida e a obra deste ser humano extraordinario, entre as xeracións máis novas... Seguimos a drilar, drilear e a facer memoria. Porque un pobo sen memoria é un pobo neurótico. Estades todos convidados a subir ao Santa Liberdade, co noso irmau Pepe Velo e lembrade que a travesía non fixo máis que comezar. Avante a toda máquina...
Sem comentários:
Enviar um comentário