segunda-feira, agosto 08, 2011

En toda Galicia non hai precedente desta festa

baldo ramos 

«En toda Galicia non hai precedente desta festa»

Autor: alba reigada
Localidad: ourense / la voz
Fecha de publicación: 6/8/2011

Con motivo da procesión da Ramallosa de hoxe en Celanova, presentouse onte o libro Caligrafías da Luz, con 18 fotografías de Carlos Lorenzo e caligrafías de Baldo Ramos. Ademais conta con limiares escritos por Xosé Luís Méndez Ferrín e Aser Álvarez.
-¿Como xurdiu a idea de facer este libro?
-Foi a partir dunha serie fotográfica que elaborou Carlos Lorenzo. Fixo unhas fotografías da Ramallosa e dicía que algunhas lle recordaban ó meu trazo e púxose en contacto comigo. Eran en total 54 fotografías e doáronse 18 delas á Fundación Curros Enríquez. Aser Álvarez coordinou a publicación.
-¿Cal é o obxetivo desta publicación?
-A idea era achegar un pouco a festa da Ramallosa. O meu vínculo con esta festa é familiar e sentimental e unha vez que tiñamos o traballo plástico feito, eu escribín un poema onde intento recrear o que significou para min.
-¿Cal foi o seu traballo sobre as fotografías?
-Eu pintei sobre elas con tinta negra e intentei dialogar coa escuridade que envolve ós farois nas imaxes. Son imaxes en movemento, sen figura humana.
-¿Que significa a Ramallosa para Celanova?
-Considero que é a festa máis orixinal que hai en Celanova. É unha procesión profana e non se saca santo ningún e en toda Galicia non hai precedente desta festa. Ningún precedente.



Publicado: La voz de galicia

Sem comentários: