sexta-feira, julho 22, 2011

Arraiano maior da raia seca 2011


O día 20 de agosto imos facer entrega do recoñecemento de "Arraiano maior da raia seca" ao escritor portugués Bento da Cruz. Xuntarémonos ás 11 da maña na Terrachán (Entrimo). Como adoita ser habitual nestes cónclaves arraianos, haberá música, poesía e un bo xantar. Xa pola tarde, o Padre Fontes, Arraiano Maior do ano 2010 e o xefe Ferrín farán entrega da guillada de mando ao Arraiano Maior do ano 2011. Para anotarse no xantar e na andaina é preciso facelo canto antes (último día 16 de agosto). Lembrade que a presenza e a asistencia á comida hai que comunicala a través do correo electrónico xesusdiaz@gmail.com, enderezo do arraiano Suso Díaz.

NUNS DÍAS PUBLICAREMOS O PROGRAMA PECHADO. Ide facendo sitio nas vosas axendas.

Sem comentários: