segunda-feira, março 23, 2009

O Furriolo no Fondo dos Espellos

Por Xosé Luís Méndez Ferrín, xefe dos arraianos
Aser Álvarez, fundador e responsábel da Asociación Cultural Arraianos, e a editorial Alvarellos envíannos ao Fondo dos Espellos un libro colectivo que se titula Represión, solidariedade e resistencia antifranquista na Raia. Trátase das ponencias presentadas a un congreso sobre ameteria que explica o título no ano 2006. A calidade dos poemas e o rigor e novidade da maioría das intervencións históricas fan deste volumen a única e mellor obra que se teña escrito sobre a historia da violencia política fascista nas Terras de Celanova e zonas fronteirizas con Portugal. É una das mellores aportacións ao coñecemento da represión en Galicia. O libro tén coma centro simbólico O Furriolo, que é una aldea, un importante castro e unha montaña de entre 700 e 800 m. de altitude que separa o Val do Sorga e do Arnoia da bisbarra da Limia. Lugar soedoso e apartado, aínda hoxe pode percibirse alí un hálito de morte. Pola sua proximidade ao convento de Celanova, onde se instalara unha cadea oficial e unha gornición militar a raíz do inicio da guerra civil, converteuse O Furriolo no lugar preferido para os paseos ou para, como se dicía na zona,“levar os roxos ás claudias”. Tamén asasinaron na Caseta de Ansemil e noutros lugares, pro O Furriolo convertiuse en símbolo e emblema do horror. Traten do que traten as diferentes colaboracións do volumen, O Furriolo está sempre presente, como o está Celso de Poulo, o alcalde frentepopulista de Gomesende, que alí foi morto e se convertiu nun mito popular, indestructíbel.
Na foto vemos a Xosé Vizoso pintando o Mural do Furriolo

8 comentários:

Anónimo disse...

Ese mural é un berro de liberdade e xustiza no alto do Furriolo, onde aínda resoan os ecos das pistolas dos fascistas.
Grazas á Asociación Cultural Arraianos polo seu excelente traballo e grazas tamén a Méndez Ferrín por axudar a divulgar o coñecemento do noso escuro pasado.

Anónimo disse...

Un atentado contra el buen gusto. No tiene sentido ninguno ese monumento. Mejor sería que mirasen adelante de una vez y se dejaran de tanta memoria. Algunos, ni que tuviesen miedo de padecer alzheimer.

Anónimo disse...

Polo visto e ouvido, aínda hai quen quixera levar ás claudias algúns, e facelo sen deixar pegada...

Anónimo disse...

Xustificanse os amnesicos silenciadores que de Celanova non houbo vitimas.e discutible,o que e seguro e que habia CLAUDIADORES. Fixeron un bo traballo pois dende que entrou a garda civil no axutamento en 1939 non volveu a gobernar a esquerda en celanova. 14 de Abril SEMPRE !!

ARRAIANO disse...

Os nosos beizóns máis agarimosos aos que defenden o traballo de arraianos no eido da recuperación da memoria e xustiza

Anónimo disse...

Completemos a xeografía do horror:a ponte pequena,orille,o monte da obra,a fosa do cementerio(exterminados polo tifus,tuberculose,etc).Lémbrate,voltaremos e seremos miles.

Anónimo disse...

a realidade sempre é poliédrica e múltiple... así vaise construíndo a historia e a memoria

Anónimo disse...

Queren annesia porque moitos dos claudiatores eran moi novos e aínda viven.A man de obra, digo.