quarta-feira, abril 26, 2006

O pegureiro e o lobo


Damos conta do acto de presentación do libro O Pegureiro e o Lobo, do crastejo Manuel Domingues, que congregou na Livraría Torga de Ourense a numerosos e ilustres arraianos, entre eles, o noso discursólogo e home mediático onde os haxa, Julius Medulius, na foto en plena acción, xunto ó autor do libro. No número 4 de Arraianos publicamos unha reseña desta recomendable lectura, escrita polo inefable Doutor Medulius.
O relatorio que leu Medela neste acto, un texto que deixou abraiado a máis dun asistente, igual o publicamos no vindeiro número da nosa revista. Todo dependerá do seu bo comportamento e da interrelación dialéctica relaxación-tensión da Putísima Inquisición Arraiana nesta primavera.

1 comentário:

Anónimo disse...

E digo eu...
Dos dous da foto, que é o pegureiro e quen o lobo, porque eu só vexo un borrego que está a falar besteira. Xa avisarei ó Xavier Paz, para que non o deixe entrar á súa librería.