O parque natural transfronteirizo máis grande da UE, o da Peneda e Xurés, que engloba 33.000 hectáreas entre Galicia e Portugal, ten sido declarado Reserva Internacional da Biosfera pola UNESCO. Esta declaración de protección internacional para o macizo granítico arraiano Gerês-Xurés pode significar un salto cualitativo na promoción e na defensa do noso principio do mundo ou tamén pode ser máis do mesmo que vai para ningures. Sexamos optimistas e confiemos en que a idea non pase por convertelo nun parque temático, se non por facer partícipes da súa xestión coordinada aos poboadores destas zonas, arraianos de pro, que son os que manteñen vivo o territorio.
1 comentário:
parabéns, sobre todo, aos poboadores deste territorio irrendento e afastado, que como ben dicides, é o principio do mundo
Enviar um comentário