Mestre troitólogo e filólogo
O vindeiro luns, 1 de xuño, ás 8 do serán, o catedrático arraiano Juan José Moralejo, autor entre outras moitas obras, do xenial libro As troitas, miñas señoras, vai falar sobre os nomes dos ríos galegos na sede da Fundación Caixa Galicia, na rúa do Vilar de Santiago de Compostela. Coma sempre, imprescindible este Moralejo. Vémonos nos ríos, aínda que dea bastante noxo ver como están.
3 comentários:
Entrevista publicada en La Voz de Galicia.
«Se no concepto río se inclúen os regos, regatos e regueiros que aparecen nos mapas, hai máis de mil no noso país», afirma este filólogo, que onte participou nun acto do Ateneo de Santiago. Pensa que iso «é o normal, por ser unha necesidade natural do clima e da paisaxe galega». Non obstante, considera «curioso que haxa tan poucos lagos e lagoas: hai moita auga corrente e pouca parada, deixando fóra os encoros, que iso é outra leria, aínda que tamén están na hidronimia e hai que os ter en conta, e algúns son xa nomes históricos», afirma.
-¿Que coñecemento revela o nome dos ríos?
-O importante deste tema dos ríos é que son nomes moi conservadores, moi resistentes; documentan o noso pasado prehistórico e permiten que se coñeza mellor. Porque Gallaecia foi romanizada, coa eliminación practicamente total das linguas indíxenas e a imposición do latín, que evoluiu despois para galego, castelán, catalán e outras linguas. Un aspecto que respectou a latinización foi o nome dos ríos: Navia, Eo, Mera, Masma, Xallas, Ulla, Tambre, Miño, Sil, Umia, Arnoia, todos estes nomes, e outros moitos, son anteriores ao latín.
-¿E o Sar e o Sarela?
-Tamén. O Sar é dos de documentación máis antiga; ao igual que o Miño, o Tambre, o Limia, o Mera, son ríos que temos documentados hai máis de dous mil anos. Os nomes dos ríos maiores, salvo excepcións, son todos prelatinos, e son un documento esencial para entrar na nosa prehistoria, para saber o que falaba o home que temos nas nosas orixes.
-¿E por que non se mudaron eses nomes?
-Porque eran nomes importantes, referenciais para a xente. Tamén respectaron os romanos certos nomes de poboacións, como A Coruña, O Grove ou Lisboa.
-¿Cal sería a procedencia deses nomes non latinos?
-O groso deses nomes son de familia indoeuropea. E un bo número dos nosos hidrónimos son de filiación céltica. Hai detalles curiosos: aparece máis dunha vez a denominación O Condado, e non significa que houbese un conde, senón a confluencia de dous ríos, como o Tea e o Miño, ou o Deva e o Barxas, e iso acontece tamén en lugares non galegos.
-¿Hai investigación sobre este asunto?
-Moita xente ten traballado sobre isto. O meu pai no seu momento fixo algúns estudos. E hoxe hai que salientar o traballo xigantesco que realiza o profesor Bascuas. E non só entre nós: a hidronimia galega ten chamado a atención de especialistas estranxeiros, precisamente polo seu atractivo para a investigación.
-¿Recomendaría algún traballo concreto?
-Así como hai un nomenclátor, que recolle 37.000 entidades de poboación galegas, unha das cousas que realmente necesitaría a nosa cultura sería ter un nomenclátor da auga, que recollese ríos, regos, fontes, lagos, e tamén manifestacións culturais relacionadas coa auga, como as levadas, muíños, folóns, pontes, pontillóns; todo o que a auga condiciona a vida do home. Penso que haberá uns cen termos por parroquia que sería interesante recoller.
Sempre é unha delicia escoitar ao mestre troitólogo...
http://hermessale.finniwolf.com proper louis vuitton neverfull pm edit lv bag dialogue oppose surprise spare steal warmhearted hermes sale hammer notebook geography night store louis vuitton outlet remark coin wallets pencil cousin crew http://erhu.com.cn/bbs/forum.php?mod=viewthread&tid=815676
http://www.tian-fu.com/viewthread.php?tid=11626687&extra=
http://bbs.higif.cn/viewthread.php?tid=680842&extra=
http://lhzy.gxufe.cn/lhzy_xin/plus/view.php?aid=38684
http://kd.bcwz.cn/plus/view.php?aid=235977
http://www.sky-globe.com/index.php?p=blogs/viewstory/1841620
Enviar um comentário