Fela Kuti xa pode descansar tranquilo, pois o seu fillo anda solto e seguindo os seus pasos. Tan solto que, ao mando da orquestra herdada do seu vello, Egypt 80, puxo en pé a todo o auditorio do pazo da cultura de Pontevedra. Cando morreu seu pai, en 1997, Seun só tiña 15 anos. Pero hai cousas que a estirpe perpetúa, couas que melloran xeración tras xeración, pola fixación xenética e o legado dos antergos.
Puro lume foi o que puidemos sentir os poucos espectadores deste xenial concerto. Calor, cores vivas e soños nixerianos cada vez que danzamos cos ollos pechados. Poucos foron quen de permanecer sentados todo o concerto. A banda é pura enerxía afrobeat: catro ventos, dúas guitarras, teclados, batería, dúas coristas-danzantes deliciosas e tres percusionistas máis. Seun Kuti semella un rebelde seminarista nixeriano, con pantalóns brancos aptretados, zapatos brancos de vendedor de churros e camisa branca axustada, que sacou contra o final da actuación para apoteose das féminas. Algúns machos imitaban malamente as danzas das dúas mozas africanas. Este home segue a pegada musical e o compromiso político do seu vello. Os seus concertos son coma unha oración pagana de ledicia, saxo rompente e sabor africano. Se non fora por algúns cambios de ritmo soberbios, as dúas horas semellarían unha soa canción circular, sen acougo. O sosego só se acada ao final. Iso si, Seun Kuti baila moito mellor que o seu pai, quen falaba con bastante máis propiedade e tiña a cabeza mellor amoblada ca el. A pesar de todo, un notable alto. Festa rachada. Funki, jazz, percusión, electricidade e paixón.

5 comentários:
Eu fun dos que bailei na primeira fila ata a extenuación. Que xeito de cimbrearse teñen estes nixerianos. Iso é ledicia de vivir. Soñei que os neoanzis de Pontevedra entreban no pazo e chupaban ben chupado.
Nunca pensei que se puidera montar unha festa como a que se montou...
Afrobeat en estado puro
Collo prestada a crónica para Kaput excepto indicación en contrario. Un abrazo afrobeatico.
Meu deus, no afrobeat non ten sentido a propiedade privada, só existe a carallada. Sempre seu. Aserious Man
Enviar um comentário