Ante a ilegalización da candidatura Iniciativa Intenacionalista, que tiña previsto concorrer ás próximas eleccións ao Parlamento Europeo, as Redes Escarlata queren deixar constancia do seguinte:
1.-Aínda que a nosa militancia pertence a diversas opcións políticas, consideramos boa nova o artellamento dunha candidatura que defende a autodeterminación desde posicións inequívocas de esquerda.
2.-O Estado marcou no seu horizonte a eliminación física de calquera ideoloxía hostil á monarquía constitucional. Nese proxecto común do PSOE e do PP quedan significativamente dentro da legalidade -así o advertimos no seu momento ao denunciarmos a Lei de Partidos- as organizacións ultradereitistas de signo xenófobo, nazi, católico, etc.
3.-A resposta contra este novo esmagamento das ideoloxías que España desexa expulsar da libre confrontación nun proceso electoral non debe vir só das propias institucións europeas, senón dos partidos, sindicatos e plataformas que se din democráticas. De non se dar unha inmediata reacción por parte do resto do espectro político galego, coidamos que no futuro será realmente difícil evitar a sospeita de que o silencio e a insolidariedade sirvan outro amo diferente do que, unha vez máis, criminaliza a defensa da autodeterminación e do anticapitalismo.
Saúde e República
Compostela, 15 de maio de 2009
2 comentários:
A II retauración en descomposición.Agora ficarán retratados quenes corren para apuntalala(IU e nacionalistas de papel)
pola liberdade e o estado de dereito, amén e viva españa!!
Enviar um comentário