Os actos, onde proclamouse a universalidade de Celso Emilio Ferreiro, incluíron un roteiro literario
A Asociación Arraianos reuniu onte en Celanova a diferentes
personalidades do mundo das artes luso-galaicas, co motivo do nomeamento
do profesor Xesús Alonso Montero como Arraiano Maior da Raia Seca de
2012 e, a título póstumo, o Arraiano Universal a Celso Emilio
Ferreiro.'Eu non sei moi ben que significa eso de ser arraiano, nin a
que me compromete', bromeaba Alonso Montero que, ao pé do xacigo do seu
amigo Celso, onde fai 33 anos exerceu de sacerdote laico no seu enterro,
realizou un emotivo discurso sobre a raia, a liberdade e a importancia
de loitar por un mundo máis humanista.
As súas verbas encheron o camposanto celanovés, ao igual que os
recitais poético-musicais realizados polos artistas da contorna, nun
sinxelo e sincero acto de recoñecemento á palabra.
Os actos na vila comenzaron cun roteiro literario polos lugares máis importantes na vida e na obra do poeta celanovés ata rematar no Mosteiro de San Salvador, na celda onde Celso Emilio escribiu 'Longa noite de pedra'. 'É un luxo e unha grande emoción poder estar hoxe aquí', señalaba Aser Álvarez, organizador do acto e presidente da Asociación Arraianos, emocionado ao escoitar a Baldomero Moreiras ou Baldo Ramos, outros dous celanoveses, lembrar as trastadas do neno Celso na trastienda da sombrereria dos Moreiras, onde traballou por vez primeira ou do relato da súa relación de amor e odio ca sua vila natal
A Taberna do Galo, nunha mixtura de rap, poesía, pandeiretas e algún petisco en forma de galeguesas, puxeron onte o fin de festa a unha xornada de recoñecemento.
Nova publicada na Región
Xesús Alonso Montero -esquerda-, durante o seu discurso en recordo de Celso Emilio Ferreiro. (Foto: L.F.)
Os actos na vila comenzaron cun roteiro literario polos lugares máis importantes na vida e na obra do poeta celanovés ata rematar no Mosteiro de San Salvador, na celda onde Celso Emilio escribiu 'Longa noite de pedra'. 'É un luxo e unha grande emoción poder estar hoxe aquí', señalaba Aser Álvarez, organizador do acto e presidente da Asociación Arraianos, emocionado ao escoitar a Baldomero Moreiras ou Baldo Ramos, outros dous celanoveses, lembrar as trastadas do neno Celso na trastienda da sombrereria dos Moreiras, onde traballou por vez primeira ou do relato da súa relación de amor e odio ca sua vila natal
A Taberna do Galo, nunha mixtura de rap, poesía, pandeiretas e algún petisco en forma de galeguesas, puxeron onte o fin de festa a unha xornada de recoñecemento.
Nova publicada na Región
Sem comentários:
Enviar um comentário