O escritor ribadaviense recibiu o nomeamento de Arraiano Maior e o celanovense, a condición de Universal
Celanova foi onte lugar de encontro. E tamén
serviu para limar asperezas. A relación de amor-odio que, asegurou o
colectivo Arraianos, o escritor Celso Emilio Ferreiro tiña coa súa vila
natal tornouse onte menos negativa. Na celda onde pasou os días dos que
saíu Longa noite de pedra serviu para renderlle unha homenaxe e
convertelo en Arraiano Universal. No denominado Manifesto arraiano 2012
uniuse á figura de Celso Emilio Ferreiro outro ourensán, Xesús Alonso
Montero, que a partir de agora é Arraiano Maior da Raia Seca.
Os representantes do colectivo Arraianos falaron
de xente comprometida coa terra, coa lingua e destacaron de Alonso
Montero o seu traballo por la cultura galega e polos seus escritores. O
autor ribadaviense, que desvelou no saber moi ben que é iso de «arraiano
maior» asegurou que a mala relación de Celso Emilio Ferreiro con
Celanova non é nin nova nin orixinal, referenciando casos parecidos
entre autores e a súa terra de orixe. Tras abandonar a celda e mostrar a
escultura feita polos cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro
realizada por Baldomero Moreiras o acto desprazouse o cemiterio de San
Breixo xunto á tumba de Celso Emilio. Alí, Alonso Montero colleu o
testigo de Bento da Cruz, o escritor portugués que o ano pasado mereceu o
nomeamento. A festa terminou de tarde, nunha taberna, como lle gustaba a
Celso Emilio Ferreiro, cantando e lendo poemas.
Sem comentários:
Enviar um comentário