terça-feira, junho 30, 2009

Recoñecemento ao Arraiano Maior da Raia Seca


Coincidindo coa Festa da Fronteira, o colectivo Arraianos quere distinguir a Xosé Luís Méndez Ferrín co recoñecemento como Arraiano Maior da Raia Seca pola súa traxectoria na defensa da identidade e da cultura arraianas. Haberá un roteiro literario e un xantar popular abertos a todos os que queiran participar neles. Para anotarse no xantar hai que presentar no día da comida un xustificante de ter ingresado 20 euros no número de conta 2080 0329 31 0040005303 antes do 20 de xullo de 2009.
Para calquera aclaración poden poñerse en contacto con nós.

5 comentários:

Anónimo disse...

Os nosos parabéns para esta interesante iniciativa dos arraianos. Vémonos na festa da fronteira

Anónimo disse...

Que viva a raia seca e tamén a raia mollada!!

Anónimo disse...

Alí haberá tamén unha represetanción da raia miñota para recoñecer o traballo de Méndez Ferrín

Anónimo disse...

vaia bonitura de pograma, e por 20 ouriños de nada, lá nos vemos, arraianos do carallo!!!

Anónimo disse...

Imos facer esa viaxe xuntos, compañeiros arraianos, dende o Principio do Mundo até o Principio do Mundo, sen movernos da Raia Seca