Os nosos parabéns ao IEM, todo un referente para os arraianos da raia seca, polo traballo que desenvolveron ao longo destes dez anos e que lle valeu o VI premio Roberto Vidal Bolaño. O xurado da sexta edición deste premio das Redes Escarlata concédelle a distinción ao IEM, unha entidade con sede en Gondomar que destaca especilamente por divulgar a cultura e o patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico e lingüístico do Val Miñor. O IEM, que preside Carlos Méixome, botou a andar no ano 1999 co obxectivo de fomentar o coñecemento, a conservación e o respeito polo patrimonio miñorano. Destaca o seu carácter independente, que lle permite contar co consenso das diferentes forzas sociais, culturais, económicas e políticas, unha independencia e actitude arraiana que combinan de xeito maxistral coa salvagarda da identidade e do idioma galego.
O acto de entrega do VI Premio Roberto Vidal Bolaño das Redes Escarlata vai ser o 20 de xuño no auditorio Lois Tobío.
Sem comentários:
Enviar um comentário