Levo uns días doente pero aínda non dei voltado a Chateaubriand, nin me lembrei del, e seica Don Ramón, o autor da fermosa oda ao xamón e un dos meus heroes, morreu coas Memorias de Ultratumba sobre o seu peito de crustáceo. Amarreime a Miguel Torga nos inicios desta hipertrofia sinovial, que non sei se vai con ube ou con ve, pero que só poderei esquecer a través dunha artroscopia, e o Diario deste fodido Arraiano Tibetano tenme engaiolado e por veces incluso me excita e me fai subir a febre. Cando isto acontece boto man do Camiño do Zen, un libriño iniciático que me trouxo o meu irmau maior, sempre sabedor das miñas debilidades e fortalezas.
O único bo da enfermidade é que teño moito tempo para ler e estes días deborei tamén un libro caralludo de Jon Krakauer, no que conta a historia de Chris McCandless, que morreu de fame en Alaska despois duns anos peregrinaxe e de moito ler Conrad, Tolstoi e Thoreau... Unha historia moi ben contada, e seica Sean Penn fixo unha boa peli. A banda sonora non está nada mal, aínda que sexa Pearl Jam en campaña presidencial... En fin, que a estas horas sempre me sube a temperatura e volto ao Camiño do Zen para centrarme un pouco até a hora da merenda.
3 comentários:
Ánimo con la rodilla. Quedan aún unas cuantas colinas que subir.
Intentaré amañar la comida Kaput para que puedas venir, aunque sea trasladado en parihuelas por dos esclavos/as nubios/as.
Forza e amizade.
beizóns amigo, pero non quero recomendacións... a drink with shane mcgowan é maravillosa e tróuxome lebranzas de cando nos botaban dos bares por cantar dirty old town
non voltaremos cantar dirty old town até que o haxa un verdadeiro dirty old momento para facelo
Enviar um comentário