En xullo deste ano contámoslles da morte de Elixio Rodríguez, histórico galeguista de longa e vizosa traxectoria, nado en Grou, Lobios, un 4 de xaneiro de 1910. E tamén anunciamos entón que iamos organizar unha homenaxe. E veleiquí, por enriba de todos os obstáculos que Arraianos e a Fundación Galiza Sempre atoparon para poder organizar este evento que superou as nosas mellores expectativas. Demóstrase unha vez máis que as terras de Celanova precisan espazos públicos para o movemento asociativo. E tamén unha vez máis se demostra que o noso amigo aviador é un referente para moitos de nós.
Beizón, amigo Elixio, arraiano de pura estirpe.
3 comentários:
Para o señor D. Aser Álvarez:
Púxome vostede os cabelos de punta coa súa intervención no acto de homenaxe a Elixio Rodríguez.
O salón de actos do instituto de Celanova quedouse pequeno para acoller ao público. Noraboa.
Ben emotiva, a túa e a de Paco Castro
moitas beizóns, e por certo, o presentador do acto estivo óptimo...
Enviar um comentário