sexta-feira, janeiro 25, 2008

O mundo das aldeas chega ao Liceo de Ourense

Arraianos, Alvarellos e TVE convídano á proxección do documental Queda alguén aí?, xunto coa presentación da revista Arraianos nºVII: A vida nas aldeas e unha mesa redonda sobre o futuro do rural galego.
Participan:
Rafael Cid, director do documental
Aser Álvarez, director da revista
Henrique Alvarellos, editor
Roberto Castro, voceiro do PP en asuntos rurais
Francisco Sineiro, profesor de Economía Agraria na USC
Xosé Rodríguez Cid, Delegado da Consellería do Medio Rural en Ourense
Sábado, 2 de febreiro, ás 20.00 horas, no Salón Nobre do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal,5)

1 comentário:

torredebabel disse...

Ogallá o Liceo grave a tertulia para vérmola os arraianos de fora. Noraboa pola actividade!!