A traxectoria de Elixio Rodríguez faino sobradamente merecedor deste recoñecemento: a súa defensa das libertades democráticas e dos dereitos nacionais costoulle un doloroso exilio desde o que seguiu desenvolvendo unha intensa actividade sociopolítica e cultural, coherente co seu pasado de fundador das mocedades galeguistas. Os organizadores recordan que “foi condenado a morte dúas veces durante a guerra, estivo preso no mosteiro de Celanova e a súa familia foi perseguida, fugouse cun avión do exército franquista até Xibraltar e chegou a ser coronel da República, cruzou os Pirineos a pé, estivo refuxiado en Francia e chegou a México como exiliado a bordo do Ipanema en 1939. Lémbrano cheo de “enerxía e vitalidade”, e como “galeguista apaixoado, retranqueiro e agarimoso, correlixionario e amigo de Castelao, Carlos Velo, Luís Soto, Celso Emilio e Pepe Velo”.
Programa homenaxe 4 xaneiro:
12h. Inauguración da Praza Elixio Rodríguez en Grou / Lobios
12.30h Multiusos de LobiosPresentación da reedición libro “Matádeo mañá” editado por Xerais
17.30h. Acto público no Instituto de Celanova.
Intervencións: Xosé Manuel Pereiro. Xornalista. Ana Miranda. Responsable comision emigracion do BNG e voceira do BNG-Galeuscat no parlamento europeo. Xosé Manuel Beiras. Presidente da Fundación Galiza Sempre. Amigos/as e familiares. Pechará o acto o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.
O acto vai contar tamén coas actuacións musicais de Daniel Romero e Kérkennai
7 comentários:
parabéns a arraianos e galiza sempre por organizar un acto de homenaxe tan merecido coma este. Mágoa que os concellos non se teñan sumado a este evento...
vémonos en celanova o día 4 de xaneiro, aniversario de elixio
Xa ía sendo hora de que os de Xerais se decidiran a reeditar o libro Matádeo Mañá, magnífico testemuño e todo un exercicio de memoria
Vémonos en Celanova para participar nesa merecida homenaxe a Elixio Rodríguez Domínguez.
Bo traballo de organización e un bo programa de actos. A ver se tomamos nota todos e aprendemos dunha vez a organizar as cousas como é debido, aínda que sexa cobrando un bo xornal como moitos lampantíns.
Manda carallo con estes arraianos, como se menean e como organizan...
Parabéns!!
É preciso ter moito coidado con estes arraianos.
Adiante compañeiros!
Enviar um comentário