Velaivai a carta na que Xosé Luís Méndez Ferrín, arraiano entre arraianos, anuncia que deixa a RAG
Á Comisión executiva e
membros numerarios e correspondentes da Real Academia Galega.
Mediante este escrito
renuncio á presidencia da Real Academia Galega e no mesmo acto renunciarei á
condición de membro numerario da institución.
Doulles as grazas e un abrazo
a todos os membros da Executiva porque á súa intelixencia, superior cultura e
desinteresada entrega son debidas as obras, éxitos e conquistas que acadou e
coñeceu a Academia no período inconcluso que termina coa redacción da presente
carta.
De modo especial quero
destacar a dedicación sacrificada e lúcida do Secretario.
Á maioría dos académicos
e académicas quérolles significar os meus sentimentos fraternais e o meu
agradecemento polo seu labor ilusionado, a súa lealdade institucional e
cooperación eficiente.
Non obstante, outros
académicos e académicas, unidos a persoas externas, fixéronme sentir que eu non
teño sitio na Academia. Beizón tamén a estes e estas porque os seus esforzos,
finalmente coroados por un éxito completo, tiveron a virtude de me facer ver a
tempo onde debo estar e onde non debo estar nos poucos días que me resten de
vida.
Viva e floreza a Academia Galega!
Viva Galicia ceibe!
1 comentário:
Vaia alivio para as arcas da RAG. E marcha sen dar unha explicación sobor da axencia de colocación familiar que tiña montada. Aplicou un "pois agora non respiro".
Enviar um comentário