Benqueridos arraianos. Como ben sabedes, este sábado, 10 de outubro, as Redes Escarlata organizan unhas xornadas en Celanova sobre a mellor revista galega do mundo: a Revista Vieiros, editada polo Padroado da Cultura Galega de México e símbolo da vangarda xornalística do seu tempo e da resistencia política no país e no exilio fronte ao franquismo. As xornadas desenvólvense no salón de actos do claustro barroco, dende as 10 da mañá. Alí nos vemos.
2 comentários:
Namentras nos deixen,se non o impedimos.Si os PaPons privatizan o mosteiro prepararse para recibir congresos dos lexionarios de cristo.NON PASARAN!!
Ei falache!!! A ver quen tira a primeira pedra, porque anda todos apampanados e mirando para outro lado, despitados, coma sempre. O mosteiro é do pobo. E o pobo é quen máis ordena, cando quere, claro.
Enviar um comentário