Otero Pedrayo nunca conduciu un auto e soía viaxar en tren e, sobre todo, en "coche de línea". Tiña devoción pola Empresa Castromil, que o levaba de Ourense a Compostela e viceversa todas as semanas no tempo en que el se desempeñou de catedrático de xeografía na Facultade de Filosofía e Letras. Gustáballe moito a Don Ramón viaxar en avión, ao que soía chamar "O Castromil do Ar". A súa primeira viaxe en avión foi a Buenos Aires, cidade na que se produciu memorábel reencontro con Castelao.
Castromil, na derradeira etapa como empresa independente, tivo a boa iniciativa de poñerlle ás súas "líneas" nomes de escritores en galego, comezando, por suposto, co de Ramón Otero Pedrayo. Logo, a empresa imprimiu para distribuir entre os viaxeiros unha serie de contos en galego de varios autores. Aínda o Castromil, coido que con diferente propietario, sirve coas súas "líneas" á Academia Galega nas frecuentes deslocacións da institución por toda a xeografía do noso País.
As empresas de transporte de pasaxeiros son moitas en Galicia e o panorama que presentan nas estacións de autobuses é abigarrado e de difícil comprensión para os estranxeiros, aínda que grandes compañías están a devorar estes tempos as medias e pequenas empresas familiares. Con todo, algo tén o "coche de línea" en Galicia que o converte en familiar, tradicional e moi literario.
Otero Pedrayo, antes mentado, escribiu unha triloxía narrativa baixo o título de "Os Camiños da Vida", título que eu lle pedín emprestado ao meu Mestre para usar como lema dunha das miñas colaboracións neste xornal. Pois ben, esoutro día cruceime cunha "línea" que ostentaba como lema "Os Camiños da Vida". Observei que pertencía a unha empresa dita Dosil e domiciliada na Ponte Nafonso, Noia. O caso é que Otero Pedrayo falaba moito desta famosa ponte e Noia é unha das máis enxebres vilas ou cidades literarias de Galicia, mormente despois de pasar polo mundo Antón Avilés de Taramancos.

Sem comentários:
Enviar um comentário