Unha carta pública asinada por profesores da Universidade Compostelana (hoxe USC, segundo o patrón UCLA) fíxome recapacitar para chegar finalmente á conclusión de que estou en minoría a respecto do que deba ser a Misión da Universidade no noso tempo. Decátome de que a palabra misión usada neste contexto pode para algúns ter unha apariencia vetusta, cun cheirume rancio a Giner de los Ríos ou a Manuel Bartolomé Cossío ou mesmamente a Xohán Vicente Viqueira. O caso é que eu non penso o que a maioría pensa sobre a Universidade.
Comecei a estar en minoría a este respecto cando o ministro franquista Villar Palasí promoveu, co concurso de profesores do PCE e do Opus Dei, a reforma do ensino en España na que se contiña a desparición da Universidade Napoleónica, que así de despectivamente lle eles chamaban. Eu non crin naquela reforma, que continúa nos nosos días. En materia de ensino primario, medio e universitario a reforma franquista de Villar Palasí non fixo senón continuar impulsada, no réxime actual, pola UCD e o PSOE sen oposición de case ninguén pola esquerda.
Eu estou en minoría porque creo que a misión da Universidade é a de ensinar, e só secundariamente a de investigar. Creo que as Faculdades só poden ser as que se consagren á docencia das grandes saberes, e que nin o xornalismo nin as belas artes nin os seguros nin a publicidade deben ser ensinadas na Universidade senón en centros dignos pro de caracter diferente. Creo que os plans de estudos deben ser maximamente xeneralistas e que, sobre bases de cursos preparatorios, a especialización debe promoverse na Universidade só en estado de xermolo. Creo que, á marxe da Universidade, deberían existir Grandes Escolas (claro que napoleónicas) con internado e profesorado propio de elite, destinadas a formar basicamente en ciencias, técnica e humanidades aos mellores fillos do pobo galego, gratuitamente e a costa do erario público, preparándoos para a dirixencia social. Creo que a investigación debería promoverse: a) á marxe da empresa capitalista; b) nunha Academia de Ciencias segundo o modelo socialista. A Universidade debería dirixir os seus esforzos a constituir unha Formación Profisional da meirande esixencia e no nivel máximo. Polo cal a Universidade só debería ser pública. E creo na Lección Maxistral, e en que esta deba dictarse coidadosamente preparada polo Catedrático e preferentemente escrita e medida. Creo na xerarquía da ciencia e que o máis sabio debe ser o Mestre, se está dotado para a docencia. Creo na oposición en turno libre pra que todos os homes e mulleres do país en posesión do título de doutor ou doutora podan competir entre si polas prazas universitarias, en exercicios públicos nos que se inclúa precisamente a trinca e o debate. Creo que o único mérito adicional que poida influir nas oposicións sexa o das publicacións recoñecidas no universo académico. Creo na gratuidade das matrículas e na exclusión dos alumnos non dedicados ao estudo, no caracter necesariamente democrático da Universidade e na misión galeguizadora que as faculdades nosas deben asumir.
Estou en minoría.

Sem comentários:
Enviar um comentário