Estimados amigos arraianos. Como xa sabedes hoxe está a ser soterrado o Coronel Elixio Rodríguez, todo un símbolo, un exemplo e un referente para a nosa tribo. A súa familia enviounos esta foto do velorio, rodeado polos seus descendentes, en México DF. Hoxe é un día triste do mes de xullo, un mes en que Elixio Rodríguez sempre viña a Santiago, acompañado da súa Gloria, para participar nos actos do 25 de xullo na capital de Galicia. Pero Elixio vai seguir vivindo para sempre na nosa lembranza.
Estamos en contacto coa familia e cos amigos de Bande, para organizarmos unha merecida homenaxe na súa vila natal. Seguiremos informando...
9 comentários:
a República dos Arraianos está de loito pola morte do Coronel Elixio
Morreu don Xosé, o cura de Bande. Agora, pouco despois, o coronel Elixio.
O nacionalismo, a decencia, o patriotismo na República dos Arraianos está a media hasta.
Vivan os patriotas arraianos!!!
Viva a República Arraiana!!!
Viva Galiza!!!
Júlio Medela de Lobeira.
moito o sinto porque cheguei ao seu libro pola curiosidade de que falara do pobo dos meus e atopei nel un persoeiro, un heroe, un home fabuloso. Moita ilusión me facía a posibilidade de coñecelo, que xa non vai ser.
torredebabel
Elixio sempre estará entre nós... Imos organizar unha homenaxe na súa honra... seguiremos informando
Queria moito a Elixio e a Gloria, mantendo moito contacto. Asi que hoxe é un dia triste moi triste.A última vez vino en xaneiro e sua vitalidade invadeume unha vez máis. E un dia escuro, él era dos poucos antergos vivos. Longa vida a sua memoria.
Que se pode decir do noso veciño neste momento de loito e lembranza, de memoria e respeto pola figura dun home irrepetible na nosa bisbarra, un arraiano de sentimento e sentido, de pais e de loita.
Días atrás estivemos falando de homenaxealo en Lobios neste verán, mais nesta ocasión xa non podemos contar coa sua presenza, coido que teremos ocasión para honralo como se merece.
Suso (Ludeiros -Lobios-)
xa falei coa familia do tema da homenaxe... temos que falar con calma deste tema e organizar algo como se merece Elixio
Veciño de todos, camarada de todos, e mellor persoa. Qué dicir de tan grande ser humano!
Espero que se informe ben da homenaxe que se lle quere facer.
Silvio Falcón, Grou (Lobios)
recoméndovos a lectura deste artigo...
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Elixio/Rodriguez/aviador/arraiano/elpepuespgal/20070711elpgal_11/Tes
Enviar um comentário