Urnas fúnebres e votos de cinza, tapar o nariz para votar, espirrar papeletas nulas e chupiños de Lei D´Hondt. Esta é a festa da democracia, banda de gaitas, polbo e grupo municipal de intervención rápida. Benedita ereción, cousa do demo e da bimbacracia, miseria para todos, e caldo de cemento, chapapote de incapacidade, roña de miseria entre os dedos dos pés. Foguetes e bombo a discreción. Somos os mellores pero a xente non nos entende...
Aínda sigo empalmado e intelectualmente teso coa fodida realidade que me trouxo esta resaca bestial de carallo coma un puño. O licor café é o que ten... Pura evasión arraiana. Que nada, ou moi pouco, cambie para que todo siga igual. Igula de patético e apocalíptico. Que ten que acontecer para integrérmonos... Cambio (insuficiente) non é cambio nin é nada. Que todos gañen e que ninguén queira facer autocrítica é normal. É a nosa mala sorte ou os votos do Galo. Uf, por un chisco de nada, catro anos máis de desfeita.
Pero todo está ben feito. Que haxa un corenta por cento de abstención é normal. Que a oposición non teña feito nada en catro anos é normal. Aínda así, xa decidín seguir vagando por entre as mámoas e os marcos da fronteira coa escopeta na man. Alongaremos a xornada de reflexión uns séculos máis. Estamos fodidos e xa non hai que reflexionar máis. Acción. Se non chega a ser por Chateubriand, Tocqueville e Pedrayo, que andan a pastorear nas cachenas e en min, xa tería baixado do Penagache cun exército invencible de mercenarios arraianos, e cos lobos da noite comandados por Tomás das Congostras ou Quingostras, para falar de política con algún que outro moinante deses que nin comen nin deixan comer...
Como dixo o Codias, "uns non merecían gañar e os outros aínda tiveron máis votos dos que merecían". Neste caso, ninguén ten o que merece. Só os de Lobios, Entrimo, A Bola e algúns outros arraianos poden respirar tranquilos o aire fresco da fachenda de ser de onde son. Despois de 16 anos, os de Celanova tamén podemos mirarnos e embigo un pouco máis, falar de meigallos e ir tomar polo cú ben contentos.
4 comentários:
non baixes do monte que por aquí non hai moito que facer, por agora
Vilardevós e Calvos de Randín tamén, cairon...
inda menos mal que nos queda Portugal
a política é a arte de facer posible o imposible
que metan agora a cautela por onde lles colla os señoritos da talanteira e pouco talentosa oposición celanovesa...
Enviar um comentário