O Día das Letras Galegas presentamos o novo número da Revista Arraianos en Vilanova dos Infantes. Foi un acto moi emotivo, no que contamos coa inestimable presenza de Xulio Medela, Baldo Ramos, Xoan Carlos, Uxía, Aser Álvarez (que foi posuído polo espíritu lírico de Luis Boullosa) e Anxo Angueira. Este último emocionou ó numeroso público congregado na sala do centro comarcal Terras de Celanova, co seu apaixoado recitar de trobador arraiano.
Na foto vemos a Medela e Aser atravesados pola luz arrepiante da axitación lírica arraiana. En primeiro termo, a gorra inconfundible de Plácido Romero o Enfeitizado.
3 comentários:
Dou fe de que estes tipos son xeniais. Sen saber onde ía cheguei ao principio do mundo. Viva a República Arraiana
Mi espíritu se siente encantado de poseer tan insignes formas físicas, pero para la próxima espera venir con cuerpo y todo y algunos poemas nuevos, escritos en ese recio castellano con el que Dios me castigó. Saludos a todos los Arraianos. Bebed a mi salud!!!
Los arraianos somos universales... aunque a algunos les joda bastante.
Hay mucho envidioso suelto...
Enviar um comentário