terça-feira, maio 02, 2006

INCOMUNIDADE NA RAIA


O colectivo artístico Incomunidade, ben coñecido pola celebración dos seus sonados Filo-Cafés, promove a celebración dunhas xornadas arraianas multidisciplinares na Casa da Eira Longa de Vilar, Boticas, os días 13 e 14 de maio, onde terán acollida artistas galegos e portugueses. Daremos conta, nos próximos días, deste importante evento artístico transfronteirizo no CADERNO ARRAIANO e tentaremos mandar un enviado especial da nosa república virtual mediática, se o xefe así o decide.
Para máis información e consultar programa pica en:
www.incomunidade.blogspot.com

Na foto, o coordinador da Revista Arraianos e Porco Redactor Xefe, en plena arenga política aos desorientados xabaríns da Raia Seca... oink, oink, oink.
Que perfil, que poderío, que facilidade de palabra, que oratoria, que espíritu xeneroso!!!!!! Meu amado Porco Redactor Xefe

1 comentário:

Anónimo disse...

Que guapiño estás falando espido dende os barrotes do cárcere, meu...

Só por iso vou mercar a revista Arraianos... xa iredes polo número 5 non??