quinta-feira, maio 11, 2006



E porriba tamén son arraianas !

E ben sabido de todos, propios e alleos, que a vaca constitúe un sector importante da poboación galega, -Rivas dicía daquela que habitaban o noso país 1 millón de vacas-, hoxe, co das cotas leiteiras impostas igual as vacas tamén decidiron emigrar, pero en todo caso, non hai dúbida de que ainda moran en territorio galego en número considerable.

Por eis, para os que nunca dubidamos sobre a procedencia do leite, pois non coñecemos os tetrabrick até ben entrados na adolescencia, as vacas son un elemento familiar da nosa xeografría. De aí, cicais, a miña fixación con istes animais, máis concretamente, cos seus enormes ollos de mozas feitiñas, que semellan encantarte cando te fitan de preto.

Na serra do Xurés, habitan as que, de celebrarse un concurso de mises no mundo das vacas, sen dúbida terían todas as de gañar : as cachenas ; cos seus corpos miúdos e ben feitos, co seu aquel sosegado e cos seus grandes ollos negros, que lle confiren un ar infantil e inxénuo restándolle importancia a ameazante envergadura da sua cornamenta. As cachenas percorren a serra, a iste e aquiloutro lado, en pequenos e harmoniosos grupos familiares. Cando o camiñante divisa un distes grupos, sente un pracer fondo e sentido en cotemplalos; e elas, a sua vez, déixanse fotografiar imperturbables, talmente coma se fosen estrelas acostumadas ós flashes.

Con tanta calidade de seu, merecida tiña a raza cachena a festa que lle adican os da Terrachán –Entrimo- o próximo 21 de maio. Os estomagos curiosos poderan ademais degustar a sempre apetitosa empanada de Forquellas.

2 comentários:

Anónimo disse...

Hai anos que fiquei namorado da vaca pisca (como lle chamamos por Penagache ás cachenas). O seu ollar vacún é o mesmo que o dos arraianos. O que fai ás vacas máis fermosas é que pintan a liña do ollo con xena: reminiscencia bereberes.

Anónimo disse...

Very nice site! Favorite keno numbers vw beetle convertible hitch Columbia ten mile sweater