ESTE DOMINGO, 28 DE SETEMBRO, ÁS 12 NO MURAL DO FURRIOLO (A BOLA)
Homenaxe aos represaliados polo franquismo no Mural do Furriolo, obra de Xosé Vizoso
Presentación dunha investigación histórica de Pablo Sánchez sobre o derradeiro alcalde republicano de Celanova: "Benito Cancela e o seu tempo, un persoeiro esquecido da nosa historia"
Este vindeiro domingo, 28 setembro, ás 12 da mañá, imos celebrar un acto reivindicativo artístico,
poético e musical, para facer memoria e homenaxear ás vítimas da represión
franquista. Vai ser no Mural do Furriolo (A Bola), unha obra
promovida por Arraianos e deseñada por Xosé Vizoso, que está ao pé da estrada entre Celanova e
Xinzo OU-531, no Alto do Furriolo.
Durante este acto público, que vai contar coa presenza do propio Xosé Vizoso, imos lembrar moi especialmente ao derradeiro alcalde republicano de Celanova, Benito Cancela, unha vítima da represión franquista que foi recuperada do esquecemento grazas a un traballo de investigación do historiador celanovés Pablo Sánchez, que vai ser presentado o domingo á mañá no Furriolo, contando tamén coa presenza dos descendentes deste exalcalde represaliado.
Este traballo fai un percorrido pola vida do derradeiro alcalde republicano de Celanova. É a vida dun verdadeiro home de paz, atrapado nun mundo de desenfrenada xenreira, ira e violencia, desatada nos momentos máis críticos da historia desta vila. Momentos convulsos da nosa historia contemporánea nos que Benito Cancela ―unha figura que aínda agarda un reconoñecemento por parte das institucións― ofreceu desde o seu natural talante conciliador, pacífico e tolerante, un exemplo de integridade que lle permitiu gañar o respecto tanto dos seus correlixionarios coma dos seus opoñentes.
Bo e xeneroso coma poucos, o seu carácter humanista, compasivo e tolerante, non impedíu que vivira unha cruel represión franquista tralo alzamento fascista do 36, en forma de boicot ao seu negocio, o Bar Hotel Cuba, nin tampouco evitou que tivera que vivir agochado nun zulo ou pasar un pesadelo interminable de desterro, xuízos, cárcere e confiscacións, até morrer no anonimato e no ostracismo político, sen ter recibido ningún recoñecemento.
Neste acto público de reivindicación, memoria e homenaxe, tamén van estar presentes os descendentes de Benito Cancela, así como membros do colectivo Arraianos, persoeiros do mundo da cultura e representantes de organizacións de Galicia e Portugal que traballan na recuperación da memoria.

Sem comentários:
Enviar um comentário