Por unanimidade do cónclave druídico celebrado polos Arraianos sen Fronteiras na croa de Castromao, coincidindo coa superlúa de finais do verán, o Premio Arraiano Maior de 2014 é para o coletivo cultural Porta Treze, de Vila Nova de Cerveira http://portatreze.wordpress.com/, polo seu traballo desfronteirizador e solidario entre os pobos, as artes e maiormente entre mundo e poesía.
Dende o alto do Castromao, e trala abondosa inxestión de poción máxica elaborada polo noso druída de garda, puidemos ver aínda a estrela libertaria de Lois Soto alampeando no ceo xusto sobre a torre medieval de Vilanova dos Infantes e da casa do Mago Ferrín, e por iso decidimos outorgarlle a distinción de Arraiano Universal, antes do amencer. E non se fale máis, que todo se sabe.
Pois iso, Arraianos do Mundo, vémonos o vindeiro venres, 19 de setembro, ás 18.30 en Lobios, para comezar esta nova viaxe ao pincipio do mundo.
Sem comentários:
Enviar um comentário