Testemuños, arte a poesía arredor de CEF
Venres, 2 de maio en Celanova ás 20.30. Casa dos Poetas.
Venres, 9 de maio en Pontevedra ás 19.30. Feira do Libro.
Luns, 12 de maio en Santiago ás 11. Seminario Menor.
Mércores, 14 de maio en Lugo ás 20 h. Maio de Lingua.
Venres, 16 de maio en Ourense ás 20.15. Centro Cultural da
Deputación.
Mércores, 28 de maio ás 12.45 en Santiago. IES Pondal
(Conxo).
Xoves, 29 de maio ás 19.30 en Madrid. Casa de Galicia en
Madrid.
A edición, coordinada
por Plácido Romero para Arraianos, inclúe tanto a versión reducida da
obra, 50 % CEF, o poeta da vida -unha síntese cun claro obxectivo
didáctico e que leva subtítulos en inglés-, como a ampliada, rescatando da mesa de edición «unha selección
das opinións máis interesantes e valiosas, por achegaren enfoques
novidosos e mesmo polémicos sobre Celso Emilio», segundo os seus
responsables. O 102 do título vén condicionado pola súa publicación
neste 2014, cando se fan 102 anos do nacemento do escritor. O propio
Romero tamén é autor dunha achega a como se fixeron os documentais, un
making of sobre estes traballos. A edición complétase con outros
dous títulos que teñen un carácter máis artístico. Trátase de Homenaxe a
Celso Emilio Ferreiro, unha curtametraxe sobre unha instalación de
Baldomero Moreiras, creada para este traballo, así como Noutrora, unha
videocreación que asina Xudit Casas. Arraianos, que dedicou máis de
dez anos a investigar a vida e a obra de Celso Emilio, está a presentar
os deuvedés en diferentes localidades de Galicia, España e Portugal. Seguiremos informando...
Sem comentários:
Enviar um comentário