quinta-feira, setembro 12, 2013
Xosé Neira Vilas é nomeado Arraiano Maior da Raia Seca
A Raia Seca homenaxeou esta mañá a Xosé Neira Vilas. O autor do coñecido libro "Memorias dun Neno Labrego" foi nomeado Arraiano Maior, en recoñecemento a toda unha vida dedicada a difundi-la nosa cultura.
O colectivo Arraianos, dedicado a divulga-la cultura da zona da raia seca, que fai fronteira con Portugal, entrega cada ano o galardón de Arraiano Maior, que consiste nunha pucha e unha aguillada. O premiado deste ano foi Xosé Neira Vilas, que recibiu a aguillada da man de Xesús Alonso Montero:
Neira Vilas non é natural da zona da raia seca, pero o colectivo arraiano quixo recoñece-la súa traxectoria vital e literaria. O autor do libro "memorias dun neno labrego", a novela en lingua galega máis lida, considérase un activista da cultura galega:
A súa obra e a súa historia reflicten ben a cultura fronteiriza, xa que de mozo emigrou a América. Como dixo Alonso Montero, é un auténtico arraiano porque na súa vida cruzou moitas raias:
Neira Vilas dedicou o premio á súa muller, Anisia Miranda, tamén escritora, falecida hai catro anos, xunto a cal traballou pola cultura galega, dentro e fora da nosa terra
Nova recollida pola TVG
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário