terça-feira, fevereiro 02, 2010

CADEA HUMANA NA DEFENSA DO INSTITUTO DE CELANOVA

Venres, 12 de febreiro de 2010
Hora: 12:00 - 12:30
Lugar: PRAZA MAIOR DE CELANOVA
O VENRES 12 DE FEBREIRO FAERASE UNHA CADEA HUMANA CO OBXETIVO DE RODEAR O MOSTEIRO DE CELANOVA, COMO ACTO REIVINDICATIVO DO USO PÚBLICO DESTE ESPAZO DE ONDE QUEREN DESALOXAR O IES PARA FACER UN HOTEL
PARTICIPA NA CADEA, POLA DEFENSA DO USO PÚBLICO DO MOSTEIRO DE CELANOVA

1 comentário:

Anónimo disse...

A cultura, a educación, a sanidade ... estanse vendo afogadas polas políticas privatizadoras. Pois cren que o obxectivo de gañar cartos pode levar por diante os dereitos sobre os que asenta a sociedade na que vivimos. Os cartos non son o que fai mellor ou peor un país, a pesares de que os medios e os nosos políticos nos intente facer ver o contrario. Non hai diñeiro que pague unha sociedade educada, sana e cun nivel cultural suficiente para razoar e saber dicir non ao que nos empuxa a desmobilización. Nós somos os únicos donos dos bens públicos e debemos defendelos.