21 de Febreiro - DIA DA LINGUA MATERNA
A verdadeira identidade soñada e desexada,non é un fósil do pasado,
senón unha meta colectiva de futuro que debemos construír entre todos.
No ano 2001 a UNESCO identificou ao galego coma un idioma en perigo de desaparición no seu Atlas de línguas, activando todas as alarmas e inducindo a profundas reflexións sobre a saúde do idioma e as medidas a tomar para fortalecelo. O 19 de febreiro do 2009, o mesmo informe declara que o galego deixou de formar parte do grupo de risco, non porque a súa situación teña mellorado ostensiblemente, senón porque os criterios de avaliación foron modificados.
A raíz do cambio de goberno, o galego voltou a ser tema de actualidade por diante de problemas estructurais tais que o desemprego e conxunturais coma a crise económica, non porque a súa relevancia sexa meirande, senón porque de todas as promesas electorais que fixo, para o novo presidente da Xunta esta era a máis urxente: modificar a lei do ensino en Galicia reducindo a 1/3 as materias ensinadas en galego en prol do Inglés.
Na súa defensa do plurilingüismo como asegurador da riqueza e diversidade cultural, a organización das Nacións Unidas sinala que as ameazas máis importantes que levan a unha comunidade a abandonar a lingua nativa son as políticas gobernamentais que sistematicamente desalentan o emprego das linguas locais nas escolas, goberno local e medios de comunicación, e tamén os pais que alimentan ós seus fillos a aprender a lingua doutra cultura dominante, sobre todo como un medio para obter un traballo[1]. Parece escrito a propósito. O galego é parte da cultura, da historia e do pobo, é patrimonio seu e ningún político, ningún partido sexa cal for a súa ideoloxía, ten dereito a usar o idioma galego con fins partidistas, e isto deberíamos telo en conta cando vaiamos votar.

O idioma galego, non é un fósil do pasado; abriuse ó entorno, evoluiu, adaptouse, medrou, adquiriu novas formas de expresión, aprendeu a serlle útil ás novas tecnoloxías, púxose ó servizo da sociedade á que pertence, e converteuse en sina de identidade dos seus membros. A cultura galega, goza dunha singularidade que lle outorga independencia e carácter no eido da ciencia, da literatura, da pintura, da música, dos medios audiovisuais, do ámbito político e empresarial. Cada unha das súas expresións é unha amalgama de historia, lingua, innovación, creatividade e iniciativa individual ou colectiva, pero en calquera caso, é un compendio de elementos indisociables e inevitables. Se prescindirmos dun distes elementos, os demais perden senso.
A diferencia doutras linguas minoritarias do continente, e para a súa sorte, o galego non é un idioma tradicionalmente xerárquico, senón que seguiu sempre e segue unha estratexia ascendente, bottom-up se queremos empregar vocabulario en voga, que lle asegurou a súa supervivencia. Para entendernos, é a estructura social a que sostén ó idioma galego, son os que o falan os que determinan, os que deciden, os que escollen. Escolleron non sucumbir á “doma del Reyno de Galicia”, escolleron non calar durante os Séculos Escuros e escolleron un ensino en Galego cando rematou o “nacionalismo” Franquista malia teren sido tratados de bárbaros, polo tanto, son eles mesmos os que sen dúbida decidirán sobre o seu futuro, independentemente de que o goberno de vez se crea con potestade para mudar o curso da historia con políticas lingüísticas de marcado contido electoralista.
O director xeral da UNESCO Koichiro Matsuura, nunha mensaxe con motivo do día internacional da Lingua Materna, afirmou o seguinte: "Das linguas que se falan no mundo, a máis importante para o desenrolo emocional e cognitivo temperán é aquela a través da cal aprendemos a nomear o noso universo persoal e por medio da cal comezamos a lograr un entendemento común cos nosos pais e coa comunidade en xeral, cos amigos e na escola. É a linguaxe da infancia, da experiencia íntima e familiar e das nosas primeiras relacións sociais”.
Se algo é certo, é que nós non aprendemos galego na escola, por desgracia, no meu tempo a EXB era integramente en castelán agás Lingua Galega, só faltaría. A nós ensináronnos galego na casa, foi a nosa xente a que se ocupou de darnos unha educación en galego suplindo a inconsistencia das políticas lingüísticas gobernamentais, igual que fixeron con eles, e xa ven que deu resultado. Polo tanto, é a nosa responsabilidade e o meu pracer ensinarlles galego ós meus fillos, porque quero que medren aproveitando o máximo de oportunidades, e isto implica darlles a oportunidade de herdar dos seus pais e avós todo o coñecemento que ten para transmitirlle, e darlles a oportunidade de acceder a unha cultura propia que está indiscutiblemente construída en galego.
Resumindo, diríalles que non se preocupen, ou mellor, preocúpense pero non máis do necesario, porque os gobernos pasan e poucos deles deixan pegadas significativas na historia, precisamente porque as súas accións se atrancan no curto prazo por non veren máis alá dos catro anos de lexislatura, polo tanto, son as nosas accións conxuntas como sociedade as que contan para enxergar un futuro sostible e de todos.
Ninguén dubida que somos un país cunha historia rica e milenaria, herdamos un legado único que nos foi doado polos nosos devanceiros e grazas a isto, existimos, temos un lugar na historia pasada e presente, sen embargo o ter un lugar no futuro depende de nós, e sería importante que o teñamos en conta porque é alí onde van vivir os nosos fillos e as xeracións que nos sucedan. Do que se trata pois é de ter visión de futuro e propoñer metas colectivas, erguer a testa e imaxinar onde nos agradaría que estivese Galicia dentro dun século e camiñar decididos nesa dirección, para legarlles ós nosos fillos unha terra fértil na cal medrar, e un ourizonte amplo no cal desenvolverse, sen esquecer que unha árbore sen raíces está sempre á mercé do vento.
[1]http://translate.google.es/translate?hl=es&langpair=en%7Ces&u=http://portal.unesco.org/en/ev.php-URL_ID%3D1864%26URL_DO%3DDO_TOPIC%26URL_SECTION%3D201.html
[1]http://translate.google.es/translate?hl=es&langpair=en%7Ces&u=http://portal.unesco.org/en/ev.php-URL_ID%3D1864%26URL_DO%3DDO_TOPIC%26URL_SECTION%3D201.html
2 comentários:
Bueno, a raiz diste artigo, sobre o goberno que temos non fai falla dezer nada. En canto a miña lingua nai, iso mesmo, foi miña nai quen ma ensinou polo tanto non preciso que mo digan pra saber que os meus fillos, de habelos, han de falala pra non me avergoñaren a cara por non se entender na terra da sua nai. Como ben se di eiqui, o galego por herdanza cultural e tan rico e tan maduro como idioma que calquera que quixer acceder á cultura non precisa, ainda que non lle estorbe, de falar carlquera outra lingua.
En resumo, agradame moito que nos informedes da situacion do galego no mundo e ogallá algún dia os nosos gobernantes ollen polo futuro da nosa cultura e dos nosos valores como pobo en vez de pensar só en ter contentes os cabezóns dos partidos e ós que manexan a pasta.
ben falado, si señor
Enviar um comentário