sexta-feira, novembro 06, 2009

O mosteiro de Celanova non se vende

Iniciamos con este texto un debate aberto sobre o uso público do mosteiro de Celanova e o proxecto do goberno local para desaloxalo e facer un hotel monumento. Agardamos as vosas opinións.
É comunmente aceptado que o patrimonio é o conxunto de bens tanxibles e intanxibles, que constitúen a herdanza dun grupo humano, unha sociedade ou un pobo e que reforzan emocionalmente o seu sentido de comunidade cunha identidade propia.
Tamén é sabido que para que haxa unha percepción desta idea por parte da comunidade é necesario que o patrimonio sexa posto en valor, isto é rescatalo da escura ignorancia sexa ésta material ou inmaterial, inocente ou interesada. Así pois para que un obxecto arqueolóxico, un monumento, unha obra de arte, etc., poida ser considerado como un ben patrimonial debe ser activado isto é, escollido e amosado ou utilizado publicamente de variadas maneiras.
A activación dos repertorios patrimoniais corresponde ós poderes públicos e así se ten feito ata actualidade no conxunto monacal de Celanova. Os usos sociais que se lle viñeron dando dende xa hai anos, sen lugar a dúbida redundaron en beneficio de toda a sociedade e en especial de toda a xente da vila e de arredores, sen distinción.
Pero de todos eles o que me pareceu o mais acertado e que garda unha especial vinculación co significado profundo do mosteiro foi o de adicar a zona claustral do Poleiro a Instituto de Ensino Medio. E non me refiro só a parte material, que por outra banda segue cumprindo a súa función con moita mais dignidade que moitos dos edificios modernos actuais dedicados a este fin. Senón, sobre todo, polo que significa de relación directa e continuadora cun antigo centro de cultura, historia
e arte que forma parte da mellor riqueza patrimonial de Galicia e de Celanova. E non se pode obviar este principio. O papel de uso para o ensino que, desde hai xa varios decenios, cumpre o IES de Celanova non só é un xeito insuperable de activación do ben patrimonial polo seu carácter de aproveitamento social e público, senón que é en sí mesmo xa un ben patrimonial, inseparable dos vellos muros do edificio, da biblioteca, do Poleiro, da Capela de S. Miguel, do coro gótico, da
fachada da igrexa, e de todo o demais. Porque só é así cando cumprirase de forma xusta a definición que fai a UNESCO cando ditamina que “o patrimonio é o legado que recibimos do pasado, o que vivimos no presente e o que transmitimos ás xeracións futuras”.
Non aceptalo así e frivolizar con argumentos supostamente economicistas xustificadores dunha privatización que posiblemente, e de forma non moi clara, beneficiaría só algúns é un xeito escandaloso de recoñecer o fracaso ou o escaso interese que as administracións manifestaron desde sempre por Celanova e a súa comarca.
Plácido Romero Bernardo,
Profesor de Historia do IES de Celanova desde 1988 a 2000

3 comentários:

Anónimo disse...

El nepotismo se da en sociedades esclerotizadas, cuyos ciudadanos oponen resistencia a cambiar de región -o existe un dirigismo encaminado a que estos traslados no se produzcan, sustentado en motivos como la genética, el parentesco o la amistad, los cuales se imponen a la hora de asignar recursos. La falta de transparencia en la gestión política tiene mucho que ver con la esclerotización social: si bien es cierto que un hotel reportaría pingûes beneficios económicos,éstos quedarían estancados en las arcas de un solo grupo social, los comerciantes de la plaza y aledaños, no alcanzando el beneficio a todo el cuerpo social, que, por otro lado, parece sentirse al margen, no opina, no se manifiesta contra el abuso clientelista; en fin, más de lo de siempre; es inevitable que así vaya a suceder efectivamente en una sociedad cerrada como la de ciertas comarcas gallegas; En una sociedad abierta y mestiza, integrada por gentes de diversa procedencia e intereses, probablemente la clase de los comerciantes no pdría imponer sus necesidades sobre las de las demás clases.
Por eso, creo que, si a alguien habría que culpar, es a todo el pueblo de Celanova, que no se mueve o se manifiesta en contra

milucho disse...

O Mosteiro non se vende, como tampouco se vende a dignidade....
Se un hotel e uns millóns? son máis importantes que a cultura, a crítica e a liberdade non hai máis futuro que a emigración e a repugnancia.
Frente a especulación, a miseria cultural e a riqueza material so para uns poucos (os de sempre e non de Celanova), so queda o da dignidade e esta so ten, agora en Celanova, un lugar: o mosteiro non se vende!
Saúde compañeiro e amigo Plácido.

Milucho

Anónimo disse...

Se isto non se amaña, caña, caña, caña