X. L. MÉNDEZ FERRÍN. Este cronista seu frecuenta e habita a cidade de Vigo desde a súa distante nenez. De moi cativo ten baixado pola Rúa Llorente deixando a fábrica do gas a unha banda, e caído por unha zona chamada Picacho na que estivo en tempos o cemiterio de Vigo. Por alí, por onde se encontra hoxe a gasolineira de Beiramar, ao mesmo pé da Escola Náutico-pesqueira, houbo unha praia en absoluta decadencia chamada de San Sebastián. Os que nos bañamos algunha vez nas augas mais ben porcas da Praia de San Sebastián de Vigo constituimos un grupo de vellos que a Implacábel vai reducindo máis e máis. Pronto non ficará ningún vivo que coñecese e frecuentase a Praia de San Sebastián.
Desde a Praia de San Sebastián até Bouzas, en realidade, todo era un areal, aínda que eu agora falo máis de ouvido que do que teña visto. Alí onde na actualidade termina a Rúa da Coruña foi o campo de fubol de Coia e, fronte ao mar e a area, estaba e está unha pequena casa de boa pedra. Na casa, de planta baixa e un alto, abría e abre as súas portas sempre verdes unha das tabernas históricas de Vigo: "María de la Playa". A praia desapareceu tragada por grandes vías e recheos nos que se foron instalando fábricas e talleres que convirten a zona, con Barreras no centro do sistema, nun dos territorios industriais máis característicos de Vigo. Pero a taberna e casa de comidas "María de la Playa" sigue onde sempre estivo e moitos vigueses con memoria e dotados de lealdade sentimental parece que conspiran para que os poderes públicos de Vigo, sempre indiferentes aos signos da permanencia, propicien a deste local da vella freguesía de Coia. E digo Coia porque os límites históricos deste termo parroquial na súa zona costeira co de Santa María de Vigo están situados máis ou menos onda "María de la Playa". A taberna, por parte, aínda desempeña a función ancestral de gardiana da fronteira entre dous territorios cuxa orixe se perde nos neboeiros da prehistoria: Vigo e Coia. Non lonxe de "María de Playa" encóntrase "Casa Argibay", coa súa parra de latas cunha grande videira gaveante á porta, de características semellantes. Algún día falaremos tamén de "Casa Argibay". Por algunha razón misteriosa eu asocio agora o "Cabaret des Assassins" e a casiña azul de Montmartre con "María de la Playa" e "Casa Argibay".
Xulio Alonso acaba de publicar (Ir Indo) un hermoso libro de prosas. De vivos e de mortos é o título, cun prólogo de Manuel Villar Villaverde que fai aínda máis atractiva a súa lectura. Pasando as páxinas da obra, de capítulo en capítulo, fun cair nun no que se fala de "María a da praia". Comeza o texto así: "As viguesas e vigueses constitúen unha poboación que non se preocupa polas súas propias orixes. Isto explica que sexan moi poucas as pegadas da historia viguesa que conseguiron perdurar no tempo. Algunhas se salvaron porque pasaron inadvertidas baixo terra, e outras, porque de momento non constitúen ningunha ameaza para os intereses urbanísticos e industriais". Merece a pena ler todo o libro de Xulio Alonso e, en especial, o que di dese milagro de supervivencia que é "María de la Playa" a onde vou ir deica un pouco pra botar un vaso, gozar do ambiente e sentir o arrecendo da permanencia.
Na outra banda do mar, fronte a Vigo, a cidade de Boston protexe e agarima a mítica taberna que leva o nome de "Cheers

Sem comentários:
Enviar um comentário