segunda-feira, setembro 10, 2007

Nada é o que parece

Pois non, amigos arraianos, nada é o que semella ser... Mentres Celanova morre de noxo cando se mira no espello, milleiros de internautas descargan "Nada es lo que parece" unha ciberserie nacida na vila. Si, si, o que oides...
Con 19 anos e sen experiencia no mundo audiovisual, Bruno Nieto, conseguiu que, a través da rede, o que ideou coma un proxecto persoal e un divertimento cos colegas se teña convertido nunha ’ciberserie’ que xa anda perto das 10.000 descargas. Escenarios de Celanova, Vilanova dos Infantes ou Bande e actores da terra protagonizan a serie, unha producción audiovisual de 10 capítulos que podemos ver en YouTube. O 15 de setembro poderemos ver o derradeiro capítulo desta serie. Máis información en http://www.nadaesloqueparece.es.kz/ Parabéns, amigos

3 comentários:

Anónimo disse...

que ben saber que hai unha boa canteira nesta vila de zulús, miserables, cabestros, camándulas e leiróns...

un consello: deberiades deixar atrás os esquemas das teleseries e arriscar un pouco máis nas vosas propostas

Anónimo disse...

ola. moitas grazas por o teu comentario. para nos é moi importante que vos guste. eche o que hai..fixémola porque nos apeteceu e aparte este ano comezo a estudar PRODUCCION AUDIOVISUAl na Coruña.
a anónimo contéstolle: non entendo o teu comentario, non si si che gustou ou che deixou de gustar. si o que dás ou queres dar a entender é que non che gustou, exprésate mellor machiño.
adeus e grazas

Anónimo disse...

ánimo, bruno e compañía, a ver se vos podemos facer unha entrevista para o próximo número da revista arraianos...

poñédevos en contacto con nós no enderezo arraianos@arraianos.com