Ninguén é poeta na súa terra? Máis vale tarde ca nunca... Por fin imos poder ver unha mostra da obra de Baldo Ramos na súa vila natal, Celanova. E veleiquí a nota de prensa da Fundación Curros Enríquez. Sen comentarios...
“LIBROS DE ARTISTA” É A NOVA EXPOSICIÓN DA CASA DOS POETAS EN CELANOVA
CON ESTA MOSTRA A CASA DE CURROS XA ESTÁ CHEA DE POETAS
CON ESTA MOSTRA A CASA DE CURROS XA ESTÁ CHEA DE POETAS
Dende o 27 de abril ata o 8 de xullo a sede da Fundación Curros Enríquez acollerá unha mostra de Baldo Ramos, poeta e artista nado en Celanova, polo que durante dous meses a Casa dos Poetas estará chea de arte celanovesa. Trátase dunha selección de ‘libros de artista’ que elabora este escritor combinando a palabra e a pintura. As imaxes vexetais e os trazos caligráficos en tinta negra remitennos á escritura chinesa nun intento de evocar sentimentos ou conceptos abstractos que complementen a mensaxe escrita.
Esta é a primeira ocasión na que Baldo Ramos expón a súa obra artística, aínda que non a poética xa que Escura e transparente foi presentado na Casa dos Poetas en 2005 e proximamente esta Fundación editará o seu último traballo O ourego e o compás.
A promoción deste autor ten a singularidade de que se trata dun escritor ainda descoñecido na comarca a pesar de ter publicadas sete obras. Gañador de galardóns como ‘Premio Concello de Carral’, ‘Premio Arcipreste de Hita’ ou ‘Premio Mª del Villar Berruezo’ esta mostra é o noso particular recoñecemento á súa obra.
Esta exposición inaugurarase o venres 27 de abril ás 20:00 horas na Casa dos Poetas e contará coa presencia do artista. Será un acto aberto ao público en xeral.

2 comentários:
Baldo é unha marabilla, na miña modesta opinión.
Lín cousas del, cousas que satisfarían os cerebros máis esixentes e as sensibilidades máis labregas, coma a miña.
Grazas aos que fan esta páxina, por crearen espazo público para xenios coma Baldo Ramos.
Ilustres gobernadores de Celanova, que aínda agora se enteran de que o Baldo é un puto fenómeno...
Será que as eleccións están ahí e agora todo vale, ou será que teñen mala conciencia por telo ninguneado, ou será non saben que hostia facer na Casa de Curros despois de gastar tanto diñeiro nese continente baleiro de contido?
Noraboa ao poeta de Celanova polo seu talento e por ser quen de partillar mesa co Papón Maior Mouriño e co Falso Erudito Local Antoñito Piñeiro
Enviar um comentário